O Consello da Muller vigués quere levar a María Xosé Queizán á RAG

O organismo presentoulle 365 sinaturas ao presidente da institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A seguir coa vella arela de incrementar a participación feminina na Real Academia, o Consello Municipal da Muller de Vigo está a desenvolver unha campaña para que a escritora María Xosé Queizán ingrese neste organismo. Dentro da mesma, onte lle entregaron ao seu presidente, Xosé Luís Méndez Ferrín, unha solicitude con 365 apoios, tanto de colectivos como a título individual, solicitándolle á institución que teña en conta a figura de Queizán de cara a cubrir a vindeira vacante. As candidaturas à RAG deben vir avaliadas por tres académicos e son seleccionadas polo plenario da institución.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Xosé Queizán, Méndez Ferrín, Plenario, Vigo...

Claves

Conceptos
Lugares