A Deputación da Coruña mantén o seu apoio á Real Academia

Méndez Ferrín lembra que a institución é das poucas que fai unha contribución anual

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Pendentes a vindeira sinatura dun convenio, a Deputación da Coruña destinaralle á Real Academia Galega 37.000 euros do seu orzamento para 2010. O presidente do organismo provincial, Salvador Fernández Moreda, entrevistábase onte con Xosé Luís Méndez Ferrín, e trasladoulle o seu apoio á actividade da RAG. Ferrín salientou que a Deputación é unha das poucas entidades que colabora coa Academia achegando unha cantidade anual á institución. O actual presidente da institución está a reclamar desde a súa toma de posesión a necesidade de que a Academia conte con apoio público e estable para o seu financiamento.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Méndez Ferrín, Real Academia Galega