Volven as leas pola presenza de Xosé Luis Méndez Ferrín como membro numerario da Real Academia Galega. O martes 20 de marzo a revista Luzes daba conta dunha polémica ocorrida no último pleno da Real Academia Galega co titular "A RAG acorda o trámite para expulsar a Ferrín". A noticia espertou polémica nas redes e nos medios de comunicación, e aludía ao feito de que Xosé Luis Méndez Ferrín non figuraba na web da Real Academia Galega como membro de número do pleno.
Xosé Luis Méndez Ferrín renunciara á presidencia e condición de membro numerario da institución en febreiro de 2013 (oficializada en marzo do mesmo ano), logo dunha dilatada polémica. O plenario da Real Academia Galega non aceptara de aquela a súa marcha da institución e acordou deixar baleira a súa cadeira, sen nomear novo substituto. No pleno do pasado sábado, no que se nomeaba académica de número á xornalista Ana Romaní, un grupo de oito académicos (Xosé Luis Axeitos, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Manuel González Gonzalez e Euloxio Ruibal, Manuel Rivas e Xosé Luis Regueira) presentaron unha proposta solicitando a reintegración de Méndez Ferrín ao listado oficial de membros numerarios, ou sexa, aqueles con dereito a participar no pleno e a votar novos membros ou candidaturas. Neste grupo de académicos figuran varios membros da executiva presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín.
Esta proposta foi contestada por outros académicos que, segundo declarou o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, a La Voz de Galicia, preferiron "respectar a vontade do interesado e non incluílo de novo no plenario sen coñecer o seu parecer", xa que segundo Freixanes, Ferrín solicitara "expresamente" retirar o seu nome da devandita lista. Propúxose remitir un escrito a Méndez Ferrín consultándolle cal era a súa vontade en relación á participación na Academia. Ante esta nova proposta de votación, os primeiros asinantes retiráronse do pleno ao considerar que non se podía votar unha proposta que non figuraba na orde do día. No interior da sala ficaban o presidente, Víctor F. Freixanes, os membros da directiva Xosé Henrique Monteagudo, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Andrés Torres Queiruga, e os outros académicos: Xesús Alonso Montero, Rosario Álvarez Blanco, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Díaz-Fierros, Xesús Ferro Ruibal, Xosé Luís Franco Grande, Salvador García-Bodaño, Margarita Ledo, Ramón Lorenzo, Luz Pozo, Pegerto Saavedra, e Ramón Villares. Segundo a revista Luzes, a proposta obtivo catorce votos favorables, tres en branco e Xosé Ramón Barreiro ausentouse durante a votación.
Onte, mércores, seis dos oito asinantes da proposta de orde do día na que se reclamaba a "reincorporación de Xosé Luis Méndez Ferrín á relación actual de académicos de número" remitían un comunicado coa vontade de "precisar" a súa postura. O comunicado foi asinado por Xosé Luis Axeitos, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Francisco Fernández Rei, Manuel González Gonzalez e Euloxio Ruibal. No texto, estes académicos reclaman que "mentres a RAG non revogue o acordo de non aceptar a renuncia de Méndez Ferrín, queremos que se lle aplique o mesmo tratamento que se lle deu a outros casos de académicos que presentaron a súa dimisión formal ante o Plenario, pero que non lles foi aceptada, e que figuraron como membros numerarios ata o día da súa morte". Dous dos académicos que asinaran esta solicitude de punto da orde do día, Manuel Rivas e Xosé Luis Regueira, non asinaron este comunicado nin asistiron previamente ao pleno.
Pola súa banda, Méndez Ferrín mantén un perfil público baixo nesta polémica. En declaracións ao Faro de Vigo, afirmo que "non vou facer nada nin dicir nada" no caso de que a Real Academia Galega remita esa petición. Segundo declarou Víctor F. Freixanes a La Voz de Galicia, "o mellor é deixar as cousas como están".