A Xunta non concreta o seu apoio económico á Real Academia

Méndez Ferrín cifra en 800.000 euros o orzamento vivo para que a institución sobreviva

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Xunta continuará apoiando economicamente a Real Academia Galega, aínda que sen concretar polo momento ningunha contía. Esta é a resposta que daba onte a Consellaría de Cultura ás demandas da RAG, que soliticaba que o Goberno Autonómico compensase a diminución de fondos estatais aos seus orzamentos. O conselleiro, Xesús Vázquez reuníase onte co presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín e o secretario desta institución, Xosé Luis Axeitos, nun encontro no que tamén participaron os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo.

Ferrín sinalou que a entidade que preside necesita un mínimo de 800.000 euros para garantir a súa supervivencia, e adiantou que de non conseguir fondos suficientes, a entidade podería iniciar un expediente de regulación de emprego ou fechar a súa biblioteca ou o arquivo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Méndez Ferrín, Xesús Vázquez, Valentín García, Anxo Lorenzo...