Modifícanse os proxectos do contorno das Burgas logo da súa declaración coma Ben de Interese Cultural

Arredor das Burgas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha vez efectuada a declaración das Burgas como Ben de Interese Cultural, nos últimos días están a se coñecer as novas sobre os proxectos do seu contorno máis próximo. Por unha banda, a promotora Xardín das Burgas recoñeceu que o seu proxecto de hotel-balneario terá que modificarse para se axeitar á nova situación. Pola outra, desde o concello insisten en manter o proxecto de musealización e axardinado da zona, con deseño de César Portela. A este respecto, Patrimonio xa anunciou que o previsto centro de intepretación quedará integrado no Museo Arqueolóxico.

Máis información en La Voz de Galicia, en La Región e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, César Portela, La Región, La Voz de Galicia...