A declaración das Burgas como Ben de Interese Cultural paraliza proxectos turísticos do concello de Ourense

Stop: BIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O anuncio que facía onte o Consello da Xunta de declarar as Burgas como Ben de Interese Cultural suporá a paralización de actuacións urbanísticas que podían pór en perigo a fonte ourensá. O proxecto máis afectado é a construción do hotel balneario Xardín das Burgas, que quería aproveitar a auga termal do subsolo da zona. A protección afecta, ademais das fontes en si, aos edificios da praza de abastos, á antiga cadea e mais ao colexio das Xosefinas.

Máis información en La Voz de Galicia e en La Región

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Concello de Ourense, La Región, La Voz de Galicia