O compromiso de Del Riego fixo del un persoeiro fundamental na evolución do país ao longo do século XX

Culturagalega TV: Francisco Fernández del Riego

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
O seu nome é sinónimo de galeguismo histórico. Desde os comezos deste movemento ata hoxe, Fernandez del Riego é protagonista e testemuña destacada do noso século. "Un amigo deume a coñecer a Teoría do Nacionalismo Galego de Vicente Risco e iso influíu moito no meu ánimo. Ao chegar a Vilanova de Lourenzá decidín festexar o Día de Galicia", lembra. Desde aquela, o seu compromiso non cesou. "Pisei Galicia de punta a punta facendo propaganda do partido galeguista primeiro e do estatuto despois", sinala. Truncada a vía política polo Franquismo, del Riego foi un dos máis destacados impulsores do galeguismo cultural da posguerra. Logo de ser durante anos presidente da Real Academia Galega, hoxe continúa a traballar polo país. Unha Historia de Vida imprescindible que nos chega da man de Xan Leira.

Mira o episodio en culturagalegaTV

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O galeguista incansable

O galeguista incansable

O polifacético Francisco Fernández del Riego protagonizará o Día das Letras de 2023

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Francisco Fernández del Riego, Xan Leira, Vicente Risco...