Preséntase o proxecto da nova publicación profesional "BD Banda"

BD Banda presenta...

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O colectivo BD Banda fará o vindeiro luns, no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, a presentación dos contidos da súa nova revista. Na cita, que será ás seis e media da tarde no Salón de Actos do Pazo da Cultura, daranse a coñecer as series e seccións que conformarán a que aspira a ser a primeira revista profesional galega de BD que tamén fai tirada para o conxunto do estado. Polo momento, o web do colectivo está a dar a coñecer as propostas dos diferentes autores que participarán no proxecto.

Máis información no web de BD Banda e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, Culturagalega, Pontevedra, Medios de comunicación...