BD Banda solicita proxectos para botar a andar a súa nova revista

Recrutamento artístico

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O colectivo BD Banda dá un paso máis no seu proxecto de crear unha revista profesional galega dedicada á novena arte. Segundo sinalan no seu web, ata o un de novembro recollen proxectos de series para unha revista que terá versións en galego e en castelán, sesenta e catro páxinas e unha periodicidade semestral. O proxecto vai dirixido para un público xuvenil, e o colectivo pretende que as series que se publiquen na revista poidan ver despois a luz na forma de álbums.

Máis información no web de BD Banda e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BD Banda, Culturagalega

Claves