Arquivo

36.216 noticias desde o ano 2000

X
3.260 resultados Busca: "Culturagalega"

Pontevedra presenta a súa XIX pasarela Pontus Veteris coa intención de darlle maior proxección exterior

Preparando o outono

  • Presentouse primeiro en Madrid, no transcurso da pasarela Cibeles coa intención de darlle maior proxección, e fíxoo onte en Pontevedra. Pontus Veteris, a cita pontevedresa coa moda terá lugar o vindeiro 1 de mazo no Recinto Feiral. A cámara de C...

Catro longametraxes con participación galega compiten na sección oficial do Festival de Cine de Málaga

Camiño de Málaga

  • A décima edición do Festival de Cine de Málaga, a principal cita do cine español, terá este ano unha maior participación galega. “O menor dos males” (Voz audiovisual), “Atlas de xeografía humana” (Milou films), “Concursante” (Conti...

O decreto sobre humidais da Xunta prevé novas medidas para a xestión destas áreas naturais

Legalmente húmidos

  • A inestimable importancia ecolóxica das zonas húmidas galegas verase recoñecida en breve no decreto sobre humidais que prepara a Xunta. A falta dunha semana para que remate o prazo de alegacións, o texto quere facilitar a conservación destas ár...

Créase en Ourense unha plataforma para estudar e difundir o Entroido

Unión etnográfica do Entroido

  • Etnógrafos e varios dos organizadores dos entroidos máis coñecidos de Ourense uníronse esta fin de semana na Cidade das Burgas para crear unha plataforma. A intención do novo organismo é investigar e dar a coñecer a tradición do Entroido, as...

Galicia segue á cola no uso de Internet con respecto ao resto do Estado

A fenda, os galegos e a internet

  • Galicia, Castela e Estremadura. Son as comunidades do Estado que ocupan os tres últimos postos no uso de Internet. Os datos, feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística, cifran nun 41,9%, os galegos que consultan a rede. En total, os ga...

A Fundacion Laxeiro concédelle o seu premio a Isaac Díaz Pardo

Outro máis

  • Isaac Díaz Pardo suma un premio novo á súa xa longa lista de recoñecementos. O último é o premio que concede a Fundación Laxeiro pola súa traxectoria en favor do galeguismo. Ademais, o padroado aprobou o orzamento para o 2007, que contará es...

O acordo dos grupos políticos deixa nun mínimo do 50 por cento as materias que se poderán impartir en galego

50 en lingua

  • Finalmente houbo acordo. A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, anunciaba onte que o PP, o PSOE e mais o BNG acadaron un texto de consenso para o vindeiro decreto de galeguización do ensino. Finalmente darase como mínimo a metade das ...

Un documental achéganos á evolución e importancia das Gándaras de Budiño, no Porriño

Dentro da gándara

  • "As Gándaras de Budiño e ribeiras de Louro" é unha produción documental que denuncia o delicado estado no que se encontra esta área, de grande interese paisaxístico e histórico. Da man de varios coñecedores da zona imos descubrindo a importan...

"Un franco, 14 pesetas" é a gran favorita desta edición dos Mestre Mateo con 15 candidaturas

Mm06

  • Xa se coñecen os finalistas. 15 candidaturas, entre as que destacan a de mellor longametraxe, dirección, guión, interpretacións masculina (Carlos Iglesias) e feminina (Isabel Blanco) converten a “Un franco, 14 pesetas” na produción favorita ...

Televisión de Galicia estrea a súa primeira serie de divulgación histórica

A Galega tórnase histórica

  • “Historias de Galicia” é o título da última serie de Televisión de Galicia que pretende dar a coñecer o pasado a través de trece capítulos. A serie foi producida pola cadea pública, coa colaboración económica das consellarías de Cultur...

O últimos achados datan en hai 5.500 anos os restos da cidade mesopotámica que investigan arqueólogos galegos

Novas sirias

  • O profesor Luís Montero, da Universidade da Coruña, presentaba onte os últimos resultados do Proxecto Medio Éufrates Sirio. Esta investigación galega, que se está a centrar na zona de Tall Humeada descubriu os restos dunha cidade que se poden d...

Melloran os resultados de vendas dos produtos que gozan dun distintivo de calidade

Alimentos de marca

  • O viño Albariño, Ribeira Sacra ou Monterrei, Tenreira galega, Castaña de Galicia... son algunhas das marcas de calidade (con denominación de orixe) dos nosos produtos. Os rexistros e controis de calidade que teñen que pasar estes alimentos para ...

A Fundación Caixa Galicia organiza en Compostela un encontro do debuxante Fausto Isorna

A falar con Fausto

  • A Biblioteca Fundación Caixa Galicia de Compostela acolle esta mesma tarde un encontro co debuxante Fausto Isorna. Os interesados poderán, a partir das sete da tarde, coñecer polo miúdo a obra e a persoa deste histórico da nosa BD, ademais de sa...

Jorge Coira participa nun proxecto de longametraxe documental que se desenvolve en sete países

O outro tomate

  • “Que culpa ten o tomate” é unha longametraxe documental na que participan realizadores de sete países (España, Arxentina, Perú Colombia, Venezuela, Brasil e Bolivia). Jorge Coira, é un dos sete realizadores que participarán no proxecto que ...

A musealización das saíñas romanas de Vigo adíase para 2008 mentres segue parada a Casa da Historia na Coruña

Museos con calma

  • As coñecidas saíñas romanas de Vigo seguirán este ano cubertas. Cultura sinalou que a musealización deste importante depósito arqueolóxico se realizará en 2008. Ata entón, desenvolveranse obras para facilitar o acceso e acondicionar os resto...

A Arribada e a festa da Reconquista reforzan este ano as súas celebracións lembrando o seu carácter histórico

Conquistas con historia

  • Os organizadores das festas da Arribada de Baiona e a da Reconquista de Vigo están a ultimar os seus programas con actividades que reforzan o seu carácter histórico. Os actos da Arribada comezan este venres con conferencias e concertos que se suma...

A Xunta anuncia a constitución da reserva mariña de Lira en marzo

Reserva de marzo

  • Hai uns meses a Xunta anunciou a creación de “Os Miñorzos” unha reserva mariña situada en Lira que permitirá o desenvolvemento sostible dos recursos pesqueiros. Hoxe, na presentación dun proxecto de WWF/Adena de apoio a esa reserva, o Consel...

Culturagalega.org non actualizará mañá a súa edición de novas

Entroido 07

  • ...Mañá, 20 de febreiro, é festivo local en Santiago por mor do Entroido. Por ese motivo, Culturagalega.org non actualizará a súa edición diaria de novas. Vémonos mércores co noso repaso á actualidade cultural. Feliz Entroido! ...

O CGAC merca unha vintena de obras para ampliar a súa colección mentres as galerías están satisfeitas cos resultados

ARCO en números

  • Hoxe remata ARCO, a feira de arte contemporánea, despois de seis días de portas abertas. Malia que aínda quedan unhas horas por diante, as cinco galerías galegas presentes na feira acaban de facer un balance positivo desta edición. Con resultado...

Das Mocidades Galeguistas á fundación de Galaxia, Xaime Isla Couto foi testemuña e protagonista de grandes fitos da nosa historia

Culturagalega TV: Xaime Isla Couto

  • "Eu proclamei a república catro horas antes que en Madrid, o 14 de abril do 31", lembra Xaime Isla Couto. Canda a tal curiosidade histórica, este pioneiro do galeguismo participou nalgúns dos principais eventos culturais e políticos do país do s...