Libraría Moito Conto (A Coruña) / Web da libraría
A Federación de Librarías de Galicia recoñeceu o traballo de comunicación da libraría coruñesa Moito Conto, outorgándolle o premio Follas Novas á labor libreira desde 2026. O premio recoñece a capacidade do establecemento para "conectar cun público amplo e diverso, combinando ferramentas de marketing tradicional co uso eficaz das novas tecnoloxías. Esta estratexia de comunicación, sostida no tempo, converteuse nun exemplo de visibilización e dinamización que beneficia ao conxunto da rede de librarías independentes". A Federación de Librarías de Galicia está constituída por 149 librarías de todo o país e entregará o galardón, decidido por unanimidade, na gala Follas Novas do libro galego.


