"Un franco, 14 pesetas" é a gran favorita desta edición dos Mestre Mateo con 15 candidaturas

Mm06

Xa se coñecen os finalistas. 15 candidaturas, entre as que destacan a de mellor longametraxe, dirección, guión, interpretacións masculina (Carlos Iglesias) e feminina (Isabel Blanco) converten a “Un franco, 14 pesetas” na produción favorita nesta edición dos Mestre Mateo, os premios que concede a Academia Galega do Audiovisual. Dúas óperas primas, “De Profundis” e “De Bares” contan con oito e sete candidaturas respectivamente. O primeiro espazo de telerrealidade galega, "A Casa de 1906" que produciron as principais produtoras do país, Filmanova e Continental, acadou nove candidaturas. Os socios da Academia emitirán as súas votacións ata o 14 de marzo e os resultados saberanse na gala que terá lugar no mes de abril.

Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual. Consulta as fichas de De Bares, De Profundis, Mía Sarah, Un franco, 14 pesetas, A casa de 1906 en AVG, consulta o pdf cós candidatos