O vindeiro 9 de maio o Teatro Colón da Coruña acollerá a gala de entrega dos premios mais destacados do audiovisual galego, os Mestre Mateo. Este ano, a Academia Galega do Audiovisual quere convertelo nun referente popular, para iso acaba de dar a coñecer que na semana anterior á entrega dos premios proxectarán nas diferentes sedes que a Fundación Caixa Galicia ten espalladas por toda Galicia. Unha forma de achegar as pelÃculas e curtametraxes candidatos a todo o público. Polo demais, a Academia concedeu o Premio de Honra Fernando Rey a Pedro Amalio López, pola súa traxectoria.
Máis información no web da Academia Galega do Audiovisual e coñece os finalistas na nosa nova. Consulta as fichas de De Bares, De Profundis, MÃa Sarah, Un franco, 14 pesetas, A casa de 1906 en AVG, consulta o pdf cós candidatos