O CGAC merca unha vintena de obras para ampliar a súa colección mentres as galerías están satisfeitas cos resultados

ARCO en números

Hoxe remata ARCO, a feira de arte contemporánea, despois de seis días de portas abertas. Malia que aínda quedan unhas horas por diante, as cinco galerías galegas presentes na feira acaban de facer un balance positivo desta edición. Con resultados comparables ao doutros anos, as galerías galegas están satisfeitas co nivel de vendas. Por outra parte, o CGAC materializou durante estes días o xa anunciado, a compra de obras dunha vintena de artistas para completar a súa colección. Ademais, o seu director, Manuel Olveira, aproveitou para desmentir que a colección da Fundación ARCO marche este ano para a sede que acaba de estrear esta entidade.

Máis información sobre as vendas no Faro de Vigo, sobre as compras do CGAC en Galicia Hoxe, na nosa hemeroteca a nova anunciando que a Colección ARCO marcharía no 2007 e a relación de compras do CGAC nesta edición no noso especial