O CGAC acode a ARCO coa intención de ampliar a súa colección

As feiras son para comprar

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Galerías de arte e institucións ultiman os preparativos para que todo estea listo o xoves 15, cando comeza en Madrid unha nova edición de ARCO, a feira de arte contemporánea máis importante do Estado. Mentres as cinco galerías do país presentes na feira están en pleno proceso de creación dos seus espazos, o CGAC acaba de facer público que investirá nesta edición 280.000 euros (o convenio que subscribiu con ARCO en 1996 implica un compromiso de compra de 90.000 euros). O director do centro explicou a “El País” que xa están decididas a maior parte das exposicións. Por outra parte, o museo vigués de arte contemporánea, MARCO, acudirá a este certame pero só para realizar contactos.

Máis información en El País, na nosa hemeroteca e no web da feira

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, El País, Exposicións, Galerías de arte...