As galerías galegas regresan de ARCO con bos resultados de venda

Embalar as obras

14/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
ARCO comezou lento pero ao final colleu bo ritmo e as vendas responderon ás propostas das galerías. O caso galego non foi menos e o sentir xeral das galerías foi que esta edición case se pode comparar coa anterior, que foi a mellor desde que acoden á feira. Ademais, os gastos de presenza este ano non foron tan amplos ao contar cunha subvención da Consellaría de Cultura. Falando de compras temos que facelo tamén do CGAC que, en función do convenio asinado coa Fundación ARCO, fixo a súa lista de compras habituais por valor de 200.000 euros. Entre elas houbo de todo, obras de artistas que espuxeron no CGAC (Vik Muniz ou Montserrat Soto) ou os que van facer este ano (Bjorn Melhus, Zilla Leutenegger, Ann Berning ou Ann-Sofi Siden), ademais dalgunha obra que formará parte dos proxectos colectivos que prepara a institución.

Máis información sobre esta edición no noso especial ARCO’05 e a listaxe de obras compradas en El Correo Gallego e as vendas das galerías en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Feira, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...