A Arribada e a festa da Reconquista reforzan este ano as súas celebracións lembrando o seu carácter histórico

Conquistas con historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os organizadores das festas da Arribada de Baiona e a da Reconquista de Vigo están a ultimar os seus programas con actividades que reforzan o seu carácter histórico. Os actos da Arribada comezan este venres con conferencias e concertos que se suman ao tradicional mercado medieval previsto para o día 3 de marzo. Pola súa parte, esta edición da “Festa da Reconquista” (31 de marzo e 1 de abril) pon os ollos na bicentenario da batalla que terá lugar no 2009. Para abrir bocado haberá novos carpas de postos artesás, programación dirixida aos nenos e unha representación con novos personaxes e máis figurantes.

Máis información sobre a Arribada na nosa hemeroteca e sobre a Festa da Reconquista no Faro de Vigo e no noso tema

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Faro de Vigo, Baiona

Claves

Lugares