Baiona comeza as celebracións da Arribada cunha mostra de obxectos que os descubridores trouxeron do Novo Mundo

O que chegou de América

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Mercardorías e vitualla traxidas de las Indias” é o título da mostra que se pode ver desde onte na Casa Consistorial de Baiona e que abre os actos de conmemoración da Arribada a esta vila da carabela Pinta en 1493. Alimentos, ferramentas, armas e ata maquetas das vivendas dos indíxenas poden verse nesta mostra, que estará aberta ata o vindeiro domingo. Ao longo da fin de semana celebrarase o Real Mercado Medieval no que a vila recrea a época da descuberta.

Máis información en Faro de Vigo; en La Voz de Galicia e no noso tema sobre a festa da Arribada en Baiona

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Baiona, América, La Voz de Galicia, Faro de Vigo...