Arquivo

36.247 noticias desde o ano 2000

X
3.261 resultados Busca: "Culturagalega"

Méndez Ferrín participa no Festival Mundial da Poesía de Caracas con outros vintecatro autores de todo o mundo

O Ferrín bolivariano

  • O único poeta de todo o Estado Español que acude ao Festival Mundial da Poesía que se celebra desde onte en Caracas é o galego Xosé Luís Méndez Ferrín. O autor de “Con pólvora e magnolias” participará en varios recitais e mesas redondas...

Fernández Paz gaña o Premio Irmandade do Libro e xa se coñecen os finalistas do premio San Clemente

Premios e premios

  • A Federación de Libreiros acaba de conceder o XIII “Premio Irmandade do Libro” a Agustín Fernández Paz pola súa traxectoria literaria e a súa "imaxinativa e fértil creatividade". O resto dos galardóns, sen dotación económica, que concede...

A Fundación Manuel Puente recibe 12.000 euros para catalogar documentos dos centros galegos

Fundación de rexistro bibliográfico

  • Hai unha semana informabamos da creación da Fundación Manuel Puente (Salvaterra do Miño, 1890- Bos Aires, 1970). Agora, esta entidade cultural acaba de recibir unha axuda da Xunta por importe de 12.000 euros para a catalogación, rexistro e contro...

O Museo Galego do Entroido de Xinzo volta fechar as súas portas despois de dúas semanas de actividade

Museo intermitente

  • Oito meses despois da súa inauguración e só dúas semanas despois da última apertura, o Museo Galego do Entroido, en Xinzo, fecha de novo as súas portas. Problemas falta de financiamento para manter abertas as instalacións, a situación de inde...

Dúas biografías editadas en Ir Indo recuperan as figuras de Luís Tobío e de Avelino Pousa Antelo

Retorno de galeguistas

  • Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional é o autor da biografía de Lois Tobío que acaba de publicar a editora Ir Indo dentro da súa colección Galegos na Historia. Simultaneamente, sae á luz outro volu...

Saen á luz as actas do congreso sobre Avilés de Cork, que inclúen a traducción ao inglés do poeta

Avilés en inglés

  • Laiovento acaba de publicar as actas do congreso que se celebrou o pasado ano en Cork sobre Avilés de Taramancos, coordinado polo lector de galego daquela universidade, Martín Veiga. Este libro inclúe as comunicacións que David Péred Iglesias, M...

Os espeleólogos presentarán alegacións contra as obras interiores na Cova do Rei Cintolo

Alegacións para a cova

  • A Federación Galega de Espeleoloxía acordou presentar novas alegacións ao plan de habilitación da Cova do Rei Cintolo que quere desenvolver o Concello de Mondoñedo. Os espeleólogos sosteñen que este proxecto é inviábel, tanto polos danos amb...

Os Xoves Teatrais de Ferrol trasladaranse ao Teatro Jofre na súa vindeira edición

Xoves no Jofre

  • O teatro Jofre, actualmente en proceso de restauración, acollerá a partir do vindeiro outono o ciclo Xoves Teatrais que se celebra en Ferrol. Así polo menos o anunciou José Manuel Couce, concelleiro de cultura da cidade departamental na presentac...

O Concello de Pontevedra presenta o programa de "Voces de Jazz" dentro do Ano da música

Pontejazz

  • ...ga que abrirá "Luar na lubre" que se celebrarán en breve. Máis información sobre o Ano da Música en culturagalega.org e sobre o ciclo na edición de hoxe do ...

Escritores e artistas asistiron ao cemiterio de Santo Amaro a despedir á escritora Luísa Villalta

Sentida despedida

  • Numerosos creadores dos campos literario e artístico, así como outros moitos amigos, asistiron onte ao cemiterio coruñés de Santo Amaro a dar a súa última despedida á escritora e poeta Luísa Villalta, prematuramente falecida. No acto de soter...

A apertura da primeira mostra permanente transforma a Casa das Artes no novo museo de Vigo

O cuarto museo

  • As mudanzas na política sobre museos que está a desenvolver o actual goberno de Vigo comezan hoxe a verse en público. A Casa das Artes abre hoxe a que será a súa mostra permanente, unha selección de obras da segunda metade de século que até o...

170.000 persoas visitaron o parque nacional das Illas Atlánticas no seu primeiro ano de existencia

Illas con números

  • ...co todos os días do ano. Máis información na edición do sábado 6 do Faro de Vigo e na hemeroteca de Culturagalega.org ...

As mobilizacións públicas marcan os actos do Día da Muller Traballadora

En feminino

  • Até un 25% menos de salario, un mínimo acceso aos postos directivos e unha maior taxa de paro son só algúns dos problemas que enfrontan as mulleres no mundo laboral. Este tipo de discriminacións son as que se denuncian hoxe na celebración do D...

Carlos Negro substituirá a Yolanda Castaño na secretaría da Asociación de Escritores en Lingua Galega

Relevo e continuidade na AELG

  • A asemblea xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que se celebra mañá servirá para presentar os vindeiros proxectos e novidades deste colectivo. Entre as novas está a substitución de Yolanda Castaño por Carlos Negro na secre...

A Federación de Libreiros atribúe o feche de trinta librarías nos últimos meses á gratuidade dos libros de texto

Fechados de balde

  • O debate sobre os efectos negativos que para as librarías pode ter a gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha a Xunta este ano continúa aberto. Hoxe coñécese que a Federación de Libreiros atribúe a esta medida o feche de trinta librar...

Un encontro mundial na Universidade de Birmingham analizará a cultura e os mitos galegos

Galicia desde Birmingham

  • "Crear mitoloxías: a superestrutura simbólica da Galicia imaxinada" é o título do congreso que se desenvolverá os vindeiros vinteseis e vintesete de marzo en Birmingham. O encontro, organizado polo Seminario de estudos Galegos desta universidade...

A Asociación Cultural Val de Láncara cumpre dez anos de actividade cunha traxectoria consolidada

Dez anos de val

  • Hai dez anos Sarria vía nacer un colectivo que quería recuperar as festas tradicionais e dinamizar a vida cultural da comarca. Desde aquela, a asociación Val de Láncara conseguiu non só recuperar estas celebracións, senón darse a coñecer en t...

Vigo e Lugo apostan pola conservación de restos históricos no lugar dos achados

Restos no sitio

  • O Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello de Vigo estabelece que os restos arqueolóxicos que aparezan ao realizar obras na zona deberán conservarse no lugar do achado de ser posible. Mentres, en Lugo tamén apostan pola conse...

A falta de apoios impide a celebración do Día das Letras Chairegas deste ano

Letras sen escribir

  • O xa tradicional Días das Letras Chairegas coa que a comarca da Terra Cha honraba os seus escritores non se celebrará este ano. Responsabeis da organización deste acto denunciaron que ningún partido político nin forza social respondeu á chamada...

A Universidade de Santiago deberá pagar máis de oitocentos mil euros polo Imposto de Bens Inmobles

USCIBI

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condenou á Universidade de Santiago a pagarlle ao concello máis de oitocentos mil euros en concepto do Imposto de Bens Inmobles do ano 2002. A institución académica solicitara a exención deste para moito...