Ibuprofeno Teatro producirá a peza teatral da Romaría Viquinga

O concello de Catoira encárgalle á compañía levar a cabo o coñecido 'VikingDrama' da festa

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroEspectáculos
Compartir:
Representantes do Concello xunto cos de Ibuprofeno Teatro   Foto: Concello de Catoira

Representantes do Concello xunto cos de Ibuprofeno Teatro Foto: Concello de Catoira

O Concello de Catoira vén de poñer nas mans da compañía Ibuprofeno Teatro, de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre a dirección, guión e produción do ‘VikingDrama’ da Romaría Viquinga, a representación teatral que forma parte da festa que se celebra aos pes das torres do Oeste. 

Este espectáculo, que ata o de agora encargábaselle á persoa directora da Escola Municipal de Teatro, pasará agora a estar baixo a dirección da compañía profesional co obxectivo de medrar en calidade. Así o manifestou o concelleiro de Cultura Raúl Gómez, quen subliñou que o alumnado da Escola Municipal de Teatro e a veciñanza seguirán a ser protagonistas do elenco. 

 

Gómez explicou que encomendar a redacción do guión, da dirección escénica como tamén da produción da peza teatral á persoa directora da Escola Municipal de Teatro supoñía unha grande carga de traballo que ocupaba boa parte da súa actividade e dificultaba atender outras programacións e iniciativas teatrais diferentes que cada vez son máis numerosas. Aproveitando que a actual directora da Escola cesará en breve no seu posto, o goberno local tomou a decisión de retirar das bases para cubrir a vacante a encomenda do ‘VikingDrama’, e facer que o teatro da Viquinga dependa dunha compañía profesional. O Concello púxose en contacto con diferentes compañías galegas e  finalmente será Ibuprofeno Teatro quen se fará cargo.

Que che parece esta nova?
125 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves