Catoira inicia as celebracións da 52 Romaría Vikinga

A partir do 30 e xullo poderá verse a representación de Hendrik o cruel

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cartel da 52 Romaría Vikinga

Cartel da 52 Romaría Vikinga

Un ano máis, Catoira acollerá o vindeiro 5 de agosto a súa tradicional Romaría Vikinga, que fai este ano a edición número 52. No entanto, as celebración comezan moito antes e xa están en marcha propostas como a exposición de Xavier Magalhaes. Entre o 30 de xullo e o tres de agosto, no recinto das Torres de Oeste poderá verse a obra Hendrik o cruel, un texto de Xurxo Ferreirós que dirixe Fátima Rey e interpretan os propios veciños de Catoira. Presentacións de libros de temática vikinga, unha cea e mais os concertos do Vikinsons son outras das actividades que inclúe o programa.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catoira, Torres de Oeste

Claves