Suor que non é tal, senón gotas de salitre; sangue que non é sangue senón ríos de viño tinto; e berros que non son de medo senón de ledicia. É a romería Vikinga de Catoira que ano tras ano rememora a chegada dos vinkingos, sembrando o medo e o terror ó seu paso. Teatro, concertos e unha representación histórica da chegada dos nórdicos ás terras de Catoira. Pasado e presente que agocha moito máis que unha festa multitudinaria.
Hai dúas torres en Catoira que agochan entre as súas pedras a verdade do pasado. Xusto onde conflúen a ría de Arousa e o Río Ulla, as dúas torres asisten ingrávidas ó paso do tempo. Son as chamadas Torres do Oeste; viron derrubarse as outras cinco torres construídas por Alfonso V no século XI (e máis tarde reconstruídas polos bispos Cerconio e Xelmírez) e a chegada dos pobos do norte. E son estas mesmas torres o escenario dun dos momentos de maior vistosidade da romaría vikinga de Catoira. A representación multitudinaria da chegada dos vikingos á terra, que outrora causaba terror, morte e destrucción, hoxe é a punta do iceberg dunha festa con moita historia.
Orixe
Como a historia que se pretende recrear, a propia festa vikinga de Catoira ten en sí a súa propia lenda, o seu propio mito. E que logo de 42 edicións, son moitas as andainas e as diferentes etapas (non sen dificultades) ata a consolidación definitiva do evento. En 1961, ó redor dunha asociación cultural Ateneo del Ullán que contaba nas súas filas con Faustino Romero, Baldomero Isorna, amantes da tradición que foron sentando os alicerces desta festa, en principio de carácter local e meramente lúdico. E así durante os catro primeiros anos, nos que os eventos se reducían a unha misa nas Torres (na súa capela medieval) e unha pequena festa acompañada de gaiteiros da localidade. Pero o carácter relixioso desta festa esgotaríase moi cedo e cando o Ateneo del Ullán esmoreceu, os productores da cerámica Cedonosa, que ten domicilio social en Catoira, nomearon unha comisión executiva que se encargou da celebración da romería. Un apoio que non faltou desde entón e que aínda continúa a día de hoxe, cando o principal organizador da festa é o Concello de Catoira. Agora ben, o labor das asociacións non deixou de ter unha importancia destacada, xa que a día de hoxe continúan colaborando, cada unha nunha actividade (por exemplo este ano a Asociación Xuvenil As Walkirias colabora na organización do concerto de Susana Seivane, e a asociación Ateneo Vikingo coa celebración do desembarco).
Foi en 1968 cando a festa, lonxe de esmorecer, tivo o acerto de introducir unha representación que lle valería a popularidade e o salvoconducto para converterse nunha festa de interese turístico e multitudinario, que congregaría en Catoira, cada primeiro domingo de agosto a milleiros de personas. É nesa data, ó mediodía, logo de ler o pregón literario, un areeiro convertido en Drakkar simbolizaba a feroz entrada das xentes do norte. Trátase do desembarco vikingo que desde hai tempo organiza a Asociación Cultural Ateneo Vikingo (herdeira do espírito da asociación creadora da festa, Ateneo del Ullán). Miguel Ángel Lorenzo Arriaga, membro desta asociación, explícanos a historia do desembarco desde 1968 ata 1992 empregáronse areeiros, e foi neste ano no que se comezou a utilizar o drakkar que creou o concello (a embarcación foi creada no 1987). Pero a día de hoxe o drakkar quedouse pequeno, e desde o ano pasado estívose traballando para conseguir outro. Doáronnos o antigo areeiro, Safi, que ten máis de cen anos, que a asociación repaou sen recibir un duro. Unha reparación que levará un dragón na proa que é unha copia do que levou o areeiro orixinalmente e que agora, cando volva ó mar, se chamará Ursulá. Unha reconstrucción que ten un doble mérito, por unha banda o de recuperar unha embarcación centenaria, e en segundo lugar, pola dificultade de atopar areeiros, que desde hai un tempo están prohibidos. Unha vez consumado o asalto capitaneado polo Ulfo o galego, invasores e defensores adícanse a comer os mexilóns e bebro viño tinto que o concello, principal organizador, distribúe gratuitamente e ó que lle segue unha festa campestre amenizada por grupos de gaitas do país.
Actualidade
Cando onte ás 13:00 o Ursulá surcou a desembocadura do río Ulla e se completou a comida campestre, rematou a festa, e con ela completouse un programa de actos moito máis amplo que van desde o teatro, ata a celebración dunhas xornadas que sirva para recalcar os feitos históricos. Aínda que o máis coñecido é a propia festa, a romaría do primeiro domingo de agosto, os actos comezan unha semana antes, con actividades culturais de moi diverso signo e aptas para todo tipo de públicos. Uns eventos que teñen un custo estimado, segundo Malisa Isorna, técnico de cultura do Concello de Catoira, de 66.000 euros (uns 11 millóns de pesetas), que sufragan na súa maior parte o concello, con axudas da Consellería de Cultura, da Dirección Xeral do Xacobeo, da Deputación de Pontevedra e Caixanova; ademais da colaboración do Consello da Cultura Galega, e a Universidade de Santiago.
As actividades culturais adoitan a comezar cun concerto, no que colaboraron diferentes asociacións culturais, que este ano trouxerona Susana Seivane e a Fía na Roca. Uns concertos que, segundo explica Malisa Isorna, aínda que tenden cara o folk, porque nos parece o estilo de música máis axeitado, non sempre foi así, houbo jazz, Djs e outros estilos.
Outra das actividades culturais que gañan forza, sobre todo entre a propia xente da localidade, son as representacións teatrais, que desde hai un tempo contan coa colaboración e participación da Universidade de Santiago que é a que convoca un premio (dotado con 5.000 euros) pola que o premiado dirixe e representa a súa obra. A peculiaridade é que todos os actores e persoal que traballa na montaxe da obra son veciños que colaboran desinteresadamente na celebración desta obra de teatro. E o programa de actos complétase coa celebración dunhas xornadas históricas que cada ano contan con diferentes participantes que falan sobre un tema puntual. Este ano o tema foi A guerilla antifranquista en Galicia nas que mediante conferencias, recitais poéticos e mesas redondas, numerosos expertos, investigadores e literatos versan sobre o tema proposto nesa edición. Este ano Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo, Gonzalo Bouza Brey e Xusto Beramendi, repasaron a guerrilla galega antifranquista desde diferentes facetas.
Máis mito que realidade, o pretexto da celebración da romaría vikinga de Catoira trascendeu máis alá das nosas fronteiras. A festa, declarada Festa de Interese Turístico Nacional no 88, pretende agora acadar este recoñecemento pero a nivel internacional. Algo que pode que sexa posible gracias ós dous irmanamentos cos que conta (sendo máis importante do da localidade danesa de Frederiksund), que serviron de fonte de documentación para moitos momentos tanto da propia festa, como dos actos culturais.