O Concello de Catoira publica unha BD sobre o bispo Cresconio

A obra ten guión do galego Ignacio Santos e debuxos de Martín Salvador

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Cresconio

Capa de Cresconio

O salón de plenos do Concello de Catoira acollía na tarde de onte a presentación de Cresconio. La última batalla vikinga. Esta banda deseñada de carácter histórico foi publicada polo propio concello e conta con guión do galego Ignacio Santos e debuxo de Santiago Martín Salvador, veterán da BD española. A obra, de dezaseis páxinas en castelán e a toda cor, narra o último día na vida de Cresconio, bispo de Compostela que rexeitou os ataques vikingos durante a Idade Media e repasa a súa loita contra os invasores. O concello distribuirá os 25.000 exemplares impresos entre os visitantes da Romaría Vikinga, que celebra a vindeira fin de semana a súa edición número 50. A elaboración do cómic contou coa colaboración de Fausto Isorna, que participou onte na presentación.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catoira, Debuxo, Guión, Fausto Isorna...