A Xunta aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral

O documento recolle finalmente un total de 2.003 elementos a protexer na costa galega

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
Compartir:
Faro da Illa de Sálvora. Fonte: Xunta de Galicia

Faro da Illa de Sálvora. Fonte: Xunta de Galicia

O Consello da Xunta deste 30 de marzo aprobaba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral. Este documento compila 2.003 elementos situados nas áreas costeiras galegas que deberán ser protexidos. O Catálogo incorporou 526 elementos e eliminou 106 logo do proceso de exposición pública da proposta inicial, que se desenvolveu desde o pasado mes de outubro de 2025.

No documento finalmente aprobado contémplanse 988 elementos na provincia da Coruña, 835 en Pontevedra e 180 en Lugo. Do conxunto, a maior parte dos recollidos son bens arquitectónicos (855), 584 de tipo arqueolóxico, 366 etnográficos, 186 industriais e 12 artísticos.

 

Un total dos 1.041 bens catalogados "son susceptibles de sufrir cambios de uso para destinalos a un fin distinto daquel para o que foron orixinalmente concibidos a través de proxectos de revitalización, sempre que a intervención a executar respecte e preserve os principais valores polos que foron merecedores de catalogación", segundo indica a Xunta.

 

Cada un dos elementos recollidos aparece xeorreferenciado e identificado con imaxes ou representacións gráficas. Canda a isto, recóllese a área na que se atopan, os motivos da súa incorporación e tanto os seus usos orixinais como potenciais. A versión definitiva do catálogo estará a disposición do público logo a súa vindeira publicación no DOG.

Que che parece esta nova?
149 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A cultura na paisaxe

A cultura na paisaxe

O Catálogo da paisaxe do Deza permítenos coñecer polo miúdo elementos culturais desta comarca

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Pontevedra, Arqueoloxía, Xunta de Galicia

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares