Cultura fai pública a listaxe de Bens de Interese Cultural

Conseguir este documento era ata o de agora moi complexo

5/11/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
2 lecturas | Compartido 0 veces
A relación dos elementos patrimoniais declarados Bens de Interese Cultural en Galicia a 1 de outubro de 2012 está finalmente dispoñible para consulta na rede. Tal e como informaba o pasado día 1 o xornal Galicia Confidencial a Consellaría de Cultura está a remitir esta listaxe a diferentes colectivos e asociacións con vistas a socializar o coñecemento do noso patrimonio e abrir vías de colaboración coas diferentes entidades interesadas.
No entanto, e segundo recolle Galicia Confidencial Cultura advirte que o "catalogación e o inventario é unha cousa que depende, absolutamente, de Cultura". Ata o de agora, obter unha listaxe completa dos bens que en Galicia contan con esta protección era un proceso complicado e lento de solicitudes e permisos.

Universo culturagalega.gal

15/02/2016

A ollada BIC

Analizamos o noso patrimonio a partir dos Bens de Interese Cultural declarados en Galicia

Contextos