A Relación de bens de interese cultural de Galicia que ten publicada no seu web a Dirección Xeral de Patrimonio achega un bo feixe de posibilidades á hora de coñecermos o noso patrimonio. Cuestións como qué consideramos patrimonio, como evoluÃu co tempo esta concepción ou mesmo que tipos de bens son máis abondosos ou onde se concentran son algúns dos temas que se poden abordar á luz destes datos. Botámoslle un ollo na nosa serie de reportaxes. Achegamos ademais unha folla de cálculo que permite analizar polo miúdo as declaracións que figuran no web da Xunta ata o ano 2012.
A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia ten publicado no seu web un PDF no que recolle a Relación de bens de interese cultural de Galicia. O mesmo recolle 688 entradas de diferentes elementos que contan coa máxima protección legal a atender aos seus valores culturais. Esta listaxe, que remata nos elementos protexidos en 2012, e o único documento dispoñible para o público no que se poden consultar cales a totalidade dos bens declarados e que texto legal establece a súa protección. Para alén de utilidades máis prácticas, este documento posúe un importante potencial á hora de coñecermos máis polo miúdo o xeito no que foi mudando ao longo do tempo a propia concepción de patrimonio cultural na nosa sociedade e a que tipo de bens se lle ten concedido prioritariamente esta protección.
O documento
Desde Culturagalega.gal convertemos este material a unha folla de cálculo, o que nos permitiu analizar polo miúdo diferentes caracterÃsticas e tendencias na listaxe. Ademais, achegamos o documento Ãntegro con vistas a que calquera persoa o poida aproveitar. Malia a que desde 2012 se integraron nesta lista varios bens, optamos por nos centrar nos datos que fornece a Dirección Xeral de Patrimonio no seu web.
BICs que non eran BICs
Se sorprende a lonxitude da lista, dado que esta figura de protección só existe de 1985, debemos pensar BICs non sempre foron Bens de Interese Cultural. De feito, a maior parte dos elementos que hoxe en dÃa teñen esta denominación na realidade foron declarados como monumentos, conxuntos históricos artÃsticos e outros tipos de protección. Foi a lei de Patrimonio Histórico Español a que unificou baixo esta figura toda unha serie de categorÃas que viñan recoñecendo bens desde finais do século XIX.
BICs fóra da listaxe
Ademais, debemos ter en conta que nesta lista non figuran toda unha serie de bens protexidos de xeito xeral. AsÃ, a Lei do Patrimonio Histórico Español de 1985 outórgalle a consideración de Ben de Interese Cultural a " as covas, abrigos e lugares que conteñan manifestacións de arte rupestre, entre os que se atopan os petróglifos, gravados e pinturas". Pola súa banda, o Decreto 531/1963 "protexe os brasóns, emblemas e pedras heráldicas, rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de interese histórico artÃstico. Dentro deles enténdese incluÃdos os cruceiros e os petos ánimas", segundo sinala a ConsellarÃa. Dez anos despois, outro decreto estendeu esta protección a relación aos hórreos ou cabazos de mais de cen anos, sen que estes elementos aparezan recollidos de xeito individualizado na listaxe da Xunta.
Declaracións múltiplas
Por outra banda, atopamos que constan como declaracións separadas a delimitación do Camiño Francés en cada un dos trece concellos que aparece, ao que se suman outras trece entradas dedicadas a esta ruta na listaxe debido a sucesivos recoñecementos baixo distintas leis. Do mesmo xeito, contamos dez bens que aparecen duplicados ao estar distribuÃdos entre varios concellos e se repetir a declaración a respecto de cada un dos lugares.
Outra listaxe
Este tipo de repeticións e desagregacións pode explicar en boa medida a diferenza entre os datos que achega a Xunta (lembremos, de 2012) e mais os que figuran para a mesma altura no web do Ministerio de Cultura. Se aos 690 da listaxe da ConsellarÃa de Cultura (coas xa mencionadas redundancias) sumamos as diferentes declaracións legais que se repiten sobre un mesmo ben, acadamos unha cifra de 752 BICs, ben achegada aos 758 que, segundo as cifras do Ministerio, estaban declarados noso paÃs nese ano. Por desgraza, o web deste organismo non fornece unha listaxe completa. Se por unha banda facilita o número dos que están recoñecidos, pola outra permite a consulta dunha base de datos na que inclúe tamén anotacións preventivas e que recolle algunhas declaracións, como a do Parque do Pasatempo de Betanzos, que non se recollen nos datos da Xunta.
Folla de cálculo cos BICs inscritos no Rexistro da Xunta.A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia ten publicado no seu web un PDF no que recolle a Relación de bens de interese cultural de Galicia. O mesmo recolle 688 entradas de diferentes elementos que contan coa máxima protección legal a atender aos seus valores culturais. Esta listaxe, que remata nos elementos protexidos en 2012, e o único documento dispoñible para o público no que se poden consultar cales a totalidade dos bens declarados e que texto legal establece a súa protección. Para alén de utilidades máis prácticas, este documento posúe un importante potencial á hora de coñecermos máis polo miúdo o xeito no que foi mudando ao longo do tempo a propia concepción de patrimonio cultural na nosa sociedade e a que tipo de bens se lle ten concedido prioritariamente esta protección.