Un terzo dos concellos galegos non posúen bens de interese cultural nos seus territorios. Campo Lameiro, con 28, é pola contra o que máis ten recoñecidos. Na listaxe que oferta a Xunta obsérvase ademais como a meirande parte dos bens protexidos fan parte da categoría de monumentos. Mentres, outros patrimonios como os bens mobles, o etnográfico ou o inmaterial continúan a contar cunha presenza ínfima nesta figura de protección.
Os datos que facilita a listaxe da Xunta sobre Bens de Interese Cultural (ata 2012), sinala quen por lugares, son Campo Lameiro e Cotobade os que posúen un maior número de elementos protexidos com esta figura. Mercé á súa riqueza en petróglifos e ao decreto de 1974 que protexe estes bens na provincia de Pontevedra, o rimeiro destes municipios alberga un total de 28 elementos coa máxima protección, mentres o segundo conta con 26. Pazos de Borbén (19), Pontevedra (18) e Marín (16) son os seguintes na lista, tamén cun importante peso dos gravados rupestres. Aínda que os petróglifos están tamén protexidos con carácter xeral, o feito de que só os desta provincia estean listados polo miúdo explica o desequilibrio territorial neste sentido. Debemos pensar que son nada menos que 196 os gravados protexidos con esta declaración.
Un terzo sen BICs
A listaxe da Xunta amosa que só 209 dos 313 concellos galegos posúen algún destes bens total ou parcialmente no seu territorio, o que deixa máis dun terzo do noso territorio sen elementos culturais protexidos a este nivel. Ademais, dez destes elementos están repartidos entre dous concellos segundo a lista da Xunta. Por outra banda, 13 dos concellos que fan parte da listaxe contabilizan como ben no seu territorio un tramo do Camiño Francés, un elemento que contribúe a unha maior distribución de BICs polo país. Debemos pensar que desde 2012 completáronse as delimitacións oficiais dos camiños Primitivo, do Norte e Inglés, o que levará aínda máis á presenza de bens protexidos polo país. Segundo ten informado a Xunta, na nova Lei do Patrimonio "as rutas do Camiño de Santiago incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da Unesco (Camiño Francés; o do Norte, Ruta da Costa; o do Norte, Ruta do Interior) terán a consideración de Bens de Interese Cultural (BICs)".
O reino dos monumentos
Os monumentos son os reis entre os nosos BICs. Nada menos que 537 dos bens recollidos na listaxe (máis do 75%) intégranse nun tipo ou noutro desta categoría. Entre eles, os Monumentos Histórico-Artísticos son os máis abondosos, nada menos que 311, seguidos polos monumentos sen máis adxectivos, que se cifran en 143. Fóra xa desta tipoloxía, seguen a grande distancias as 44 zonas arqueolóxicas e os 43 conxuntos de diversa caste (arqueolóxico, histórico, monumental, artístico e outras combinatorias), dos cales 22 son conxuntos histórico-artísticos.
Anecdóticos
Como curiosidades destacan algunhas declaracións como a única dun "Elemento", categoría á que se acolle a Torre dos Moreno de Ribadeo, edificio modernista protexido desde 1997. Tamén é única a declaración como Ben de Interese Cultural Inmaterial que se lle aplicou ao conxunto da obra de Castelao en 2011. A recente incorporación (non contemplada na listaxe da Xunta) das coleccións documentais e de arte de ABANCA e da Fundación achegou a máxima protección a toda unha serie de bens mobles, que ata 2012 só estaban representados polos cadros El boyero castellano de Sorolla e mais Parella de Galegos de Bergantiños de Fernando Álvarez de Sotomayor. Tampouco o patrimonio etnográfico está moi representado entre os bens galegos recoñecidos con esta figura legal. As aldeas de Salceda e de Froxán, no Courel, e mais os Muíños do Folón ou Picón no Rosal son os únicos recoñecidos a atender a estes valores. É de prever que a nova Lei do Patrimonio e o crecente interese por diferentes tipos de patrimonio leven a que en vindeiros anos se incremente a presenza de bens protexidos nestas categorías.