O Observatorio da Cultura Galega permite achegarse á realidade da nosa cultura a través da estatística

A cultura en números

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

¿Cantos museos existen en Galicia? Cal é cantidade exacta de inmobles declarados Ben de Interese Cultural? ¿En que ano saíron máis filmes das nosas produtoras? Ata o de agora, conseguir estes datos supuña árduas buscas e consultas a diferentes entidades. Agora, o Observatorio do Consello da Cultura Galega, pon a disposición do público o Anuario de Estatísticas Culturais, unha ferramenta fundamental para comprendermos como somos e como evoluímos neste ámbito. Achegámoste dez cifras que podes atopar nese documento.

1. Á biblioteca a Santiago Museos galegos segundo tipoloxía Compostela é a cidade que conta con máis bibliotecas do país, un total de sesenta e oito de diferente titularidade e tamaño. Os interesados en contar cunha ampla oferta de leitura pública tamén poden optar pola Coruña, cidade onde se concentran 63 destas instalacións. O terceiro posto correspóndelle a Vigo, con 38 bibliotecas das 259 que se atopan nas sete cidades do país. 2. A importancia infantil O 23,9% da facturación editorial en Galicia, 6,5 millóns de euros, procede de Literatura Infantil e Xuvenil. En total, as editoras facturaban en 2006 27 millóns de euros, e conseguiron nese ano o maior incremento desde o 99 (un 0,9%). Esta porcentaxe supón o maior crecemento con respecto aos demais gremios de editores do Estado. 3. Grandes espectáculosMuseos galegos segundo tipoloxía O Palacio Ópera da Coruña e mais o Centro Cultural Caixanova de Vigo están entre os trinta auditorios estatais de música clásica que máis recadan. Pola súa banda, o Festival Intercéltico de Ortigueira é o único dos nosos eventos musicais que se sitúa entre a trintena máis importante do Estado. 4. Mudando co medio En 2004 o 36% dos galegos pensaban que a investigación ambiental debía centrarse na xestión dos residuos, e un 22% apostaban polo efecto invernadoiro coma obxecto de estudo. En 2006 o interese mudara cada á prevención de catástrofes naturais (51%) e mais á contaminación (35%). 5. A empresa da culturaMuseos galegos segundo tipoloxía Empresas culturais en Galicia 2006 por actividade Lingua inicial por idades Fonte: IGE. Directorio de empresas e unidades locais. Un total de 3.262 empresas se dedicaban en 2006 a algún tipo de actividade cultural no noso país, fornte ás 2.138 que o facían en 2000. As actividades artísticas e de espectáculos concentran a actividade da maioría destas firmas, seguidas polo sector das artes gráficas. 6. A cultura pública Evolución do gasto liquidado en cultura por tipo de administración en valores medios por habitante (Euros) Evolución do gasto liquidado en cultura por tipo de administración Fonte: MC. Estadística de Financiación y Gasto Público en Cultura Galicia é a sétima comunidade que ten un maior gasto liquidado en cultura por habitante, con 29,2 euros por cabeza en 2005. Desde 2000 ese investimento foi subindo, e foi o teatro, que viu reforzados os seus investimentos nun 99,5% e mais as artes escénicas e musicais en xeral (un 45,8% a maiores) os sectores que viron un maior crecemento. 7. Os que están a aprender Museos galegos segundo tipoloxía No curso 2006-2007 16.415 alumnos matriculáronse en ensinanzas de ámbito cultural. Deles, un 61% optaron por centros especializados en deseño, artes plásticas, música ou danza. A nivel universitario, un 18% dos alumnos apostaron por carreiras relacionadas co ámbito cultural nese mesmo curso. 8. Investir en lingua Museos galegos segundo tipoloxía En 2005 investíronse en diferentes programas de política lingüística 20 millóns de euros. Malia a que iso nos sitúa por detrás do País Vasco e de Cataluña en canto a cifras totais, ponos coma segundos en gasto por habitante, detrás de euskadi. 9. Cousa de falar Lingua por idades Lingua por idades Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias. 2006 Non podían faltar, nun anuario de políticas culturais, datos sobre o emprego da nosa lingua. Entre os máis salientables, o informe destaca que o 61% da xente declara falar principalmente galego, aínda que salienta a tendencia a que, canto máis novos son os falantes, menos probable é que o empreguen de xeito habitual. 10. Belas Artes de museo Museos galegos segundo tipoloxía Museos galegos segundo tipoloxía Fonte: MCU. Estatística de Museos e Coleccións Museográficas Case unha cuarta parte dos 67 museos que hai censados en Galicia (concretamente un 24%) están dedicados ás Belas Artes. A Etnografía é o segundo ámbito que conta con máis centros deste tipo no noso país, un 19% do total. En conxunto, calcúlase que contamos co 5% dos museos do estado.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito