A Fundación Manuel Puente recibe 12.000 euros para catalogar documentos dos centros galegos

Fundación de rexistro bibliográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Hai unha semana informabamos da creación da Fundación Manuel Puente (Salvaterra do Miño, 1890- Bos Aires, 1970). Agora, esta entidade cultural acaba de recibir unha axuda da Xunta por importe de 12.000 euros para a catalogación, rexistro e control bibliográfico de impresos conservados en centros galegos. Un feito que pretende converter a Arxentina nun foco cultural a favor do galego, tal como fixo o propio Manuel Puente. Nese obxectivo, tamén se encarga da promoción da lingua, literatura e a cultura galega, para o que conta coa colaboración doutras entidades da diáspora galega.

Máis información en El Correo Gallego e na nosa hemeroteca sobre a creación da fundación

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Puente, Diáspora, Literatura, El Correo Gallego...