A Fundación Barrié cofinanciará a clasificación dos fondos da catedral dentro da súa convocatoria dos proxectos en colaboración

Os proxectos de Pedro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Fundación Barrié leva anos promovendo a actualidade cultural e fomentando a investigación do país. De feito, onte deu a coñecer as iniciativas que financiará dentro dos seus “Proxectos en Colaboración” dentro das que realizará un catálogo do rexistro acústico dos cetáceos, medir o ruído ambiental e analizar os impactos ambientais negativos para os arroas e as toniñas (o proxecto chámase “Os sons do mar”); outra das iniciativas analizará o xacemento paleolítico máis antigo de Galicia, así como a clasificación, ordenación, descrición e indicación do patrimonio documental dos fondos históricos da Catedral.

Máis información no web da Fundación Barrié, en La Voz de Galicia e El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Catedral, Documental, El Correo Gallego...