A Fundación Penzol repasa a traxectoria de Otero Pedrayo cunha exposición

Nós Diario súmase ao Ano Oteriano cun coleccionable sobre o galeguista durante o mes de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: literaturahistoriaexposicións
Compartir:
A Fundación Penzol repasa a traxectoria de Otero Pedrayo cunha exposición

A Casa Galega da Cultura, en Vigo, acolle desde este 31 de marzo a exposición biobibliográfica Ramón Otero Pedrayo. 1888 - 1976. Organizada en colaboración coa Cátedra Institucional Otero Pedrayo da Universidade de Santiago, a mostra repasa a traxectoria vital, intelectual e académica do escritor galeguista cando se celebra Ano Oteriano no noso país a coincidir co 50 aniversario do seu falecemento. A exposición estará aberta ao público ata o 14 de xuño.

Para alén de paneis a explicar a historia de Otero, o proxecto amosa tamén unha selección de primeiras edicións das súas obras, os manuscritos das novelas Os camiños da vida e Arredor de si, e documentos orixinais e correspondencia con figuras importantes do galeguismo político e cultural, materiais que se conservan na Fundación Penzol por expreso desexo do homenaxeado. 

 

De xeito paralelo, e dentro das conmemoracións do Ano Oteriano, o xornal Nós Diario inicia este 1 de abril un coleccionable sobre o ourensán. Co título Nación Otero, este proxecto acompañará a publicación entre martes e venres ao longo de todo o mes para "derrubar os tópicos e redescubrir unha obra viva, moderna e clave" para comprender o noso país. Carme Fernández Pérez-Sanjulián, doutora e profesora de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña coordina esta proposta que conta con sinaturas de quince especialistas de diversos ánimos para abordar a complexa figura do homenaxeado. 

Que che parece esta nova?
124 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Claves