
Deste xeito, Ramón Villares, Xesús Alonso Montero ou Margarita Ledo, impartirán cadanseu relatorio no encontro, mentres Xosé LuÃs Franco Grande, Ramón Lorenzo, Antón Santamarina, Carlos Baliñas Fernández ou Xosé Manuel Salgado participarán en mesas redondas sobre a figura homenaxeada. O programa inclúe tamén un roteiro literario que achegará os participante á "noite compostelá de Otero" da man de Juan Saco, Xosé LuÃs Franco Grande, Patricia Arias e Afonso Vázquez-MonxardÃn. Ademais, o 20 de abril celebrarase unha misa en memoria de Pedrayo na igrexa compostelá de San Francisco.
O abril oteriano comezou o pasado dÃa 10 con actos en Ourense e continuará o vindeiro 28 de abril cunha conferencia de Alonso Montero en Trasalba, a presentación do libro Cronistas oficiais de Ourense e “Crónica do vivir xornaleiro” de Don Ramón Otero Pedrayo de Afonso Vázquez-MonxardÃn e un xantar oteriano.