A Fundación Otero Pedrayo premia a Luz Pozo Garza, 'a máis sublime das poetas galegas'

A poeta foi amiga persoal do escritor de Amoeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Otero Pedrayo anunciou a concesión do Premio Trasalba -o galardón anual que entrega a un persoeiro da cultura galega- á poeta Luz Pozo Garza. A Fundación definiu a Pozo Garza, de 96 anos, como "a decana e máis frutífera e sublime das poetas galegas". A artista coñeceu a Otero Pedrayo e mantiveron unha relación de amizade que se plasmou en estancias na Casa Grande de Cima de Vila, o pazo familiar do escritor. Precisamente neste mes de abril celébrase o "Abril oteriano", un programa de divulgación do escritor no que o sábado 6 será o día central, co tradicional xantar en Trasalba.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Pozo Garza, Trasalba, Ramón Otero Pedrayo, Fundación Ramón Otero Pedrayo