O pintor Antón Pulido recibe o premio Trasalba 2015

A Fundación Otero Pedrayo valora a súa obra artística e o vínculo coa memoria do intelectual ourensán

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O pintor Antón Pulido recibe o premio Trasalba 2015

A Fundación Otero Pedrayo acordou designar ao pintor Antón Pulido como novo Premio Trasalba 2015. O xurado valorou a conexión biográfica entre Antón Pulido e Otero Pedrayo (de feito, Otero apadriñou a segunda mostra do artista, e os dous naceran en Amoeiro). A Fundación valorou a "profunda relación da pintura do artista coa Galicia tradicional, moi especialmente das paisaxes e tipos humanos de Ourense, sen renunciar ás formas contemporáneas da expresión artística". O premio entregarase o derradeiro domingo de xuño durante a tradicional festa de Trasalba.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Ourense, Ramón Otero Pedrayo, Fundación Ramón Otero Pedrayo