O filólogo Ramón Lorenzo gaña o Premio Trasalba 2011

A Fundación Otero Pedrayo entregarallo o derradeiro domingo de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Catedrático de Lingua e Literatura Galega pola Universidade de Santiago, Ramón Lorenzo foi galardoado pola Fundación Otero Pedrayo co Premio Trasalba 2011. O último domingo de xuño, o homenaxeado recibirá o seu galardón nunha festa literaria que se celebrará na Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro). No mesmo distribuirase o libro Ramón Lorenzo, señor das palabras, que conta con colaboracións de amigos, discípulos, compañeiros e admiradores do catedrático. Dentro do seu traballo, o xurado valorou a súa crucial contribución ao estudo do galego medieval e mais na súa participación nos primeiros textos para o ensino da nosa lingua no ensino regulado.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Ensino, Literatura, Ramón Otero Pedrayo...