No marco do ciclo de xornadas A Cultura é un dereito, da Deputación Provincial da Coruña, os vindeiros días 17 e 18 de abril terán lugar no Espazo Studio Follow (Rúa Gambrinus, 43) da cidade herculina os encontros "Radiografía da escena musical alternativa", que supoñen a vixésima terceira entrega deste ciclo. Durante dous días axentes culturais da escena musical, artistas, empresarios, colectivos, discográficas e xornalistas reuniranse para tratar diversas cuestións que atinxen a este segmento concreto da escena alternativa. A asistencia está aberta ao público previa inscrición.
Este encontro buscara entre outros temas acoutar a definición da propia música alternativa e comprender o contexto e ecosistema de salas, espazos autoxestionados, festivais e seles discográficos independentes nos que esta escena desprega a súa actividade. Para iso contará coa participación de diversos actores especializados como Kiko Amat, Anxela Baltar (Bala), Noel Turbulencias, Alberto Lodeiros (el Beasto), Fernando Fernández Rego, nando Cruz, Pablo Cubeiro (Fanzine Fest) ou Celes Muinelo (FACELA Fest) entre outros moitos. Ademais das charlas e mesas redondas as cornadas inclúen tamén ectuacións musicais en modo showcase. O programa xa esta dispoñible no sitio web da Deputación provincial.




