A Deputación da Coruña organiza as XX Xornadas A Cultura é un Dereito

A Fundación PazosCuchillo en Trasanquelos (Oza-Cesuras) acolle o encontro este 28 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Deputación da Coruña organiza as XX Xornadas A Cultura é un Dereito

A relación entre arte, creación e territorio protagoniza a vixésima xeira das Xornadas A Cultura é un Dereito que organiza a Deputación da Coruña. A Fundación PazosCuchillo, en Trasanquelos (Oza-Cesuras), acolle este 28 de agosto o encontro, no que diferentes presentacións, mesas redondas e relatorios porán o foco na comarca das Mariñas como exemplo de dinamismo cultural.

Segundo apunta a Deputación "as xornadas pretenden favorecer o intercambio de experiencias, estimular a colaboración entre proxectos e dar a coñecer os espazos e iniciativas que fan posible a actividade artística no territorio. O obxectivo é, así mesmo, abrir un diálogo sobre o papel que teñen os axentes culturais e as creadoras e creadores na construción dunha identidade cultural compartida, diversa e aberta ao futuro".

O programa arrincará de mañá cunha visita guiada á Fundación PazosCuchillo e un relatorio sobre a situación socieconómica da comarca. A estes seguiralle un coloquio sobre espazos dinamización cultural no que participarán a Fundación CIEC, a Libraría Biblos-Biblos Clube, o laboratorio creativo Espazo Vaina da asociación CRÚA, o Mosteiro de Bergondo e o Espazo BAM de Betanzos.

A sesión de tarde centrarase nas persoas que fan cultura no territorio, a contar con intervencións de Carlos Pazos, Pedro Lamas, Antía Yáñez, Correa Corredoira, Iria Fafián, Isabel Durá, Sabela Caamaño e SaraSal. Intervencións de feche a cargo de Xesús Fraga, e de Sara Fraga, e un concerto dos grupos Altalaplana e Furallefalle completan o programa. A inscrición está aberta no web das xornadas.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Biblos, Iria Fafián, Xesús Fraga...