Dous dÃas de encontros técnicos arredor da situación da profesión musical e outro con máis de trinta concertos en outros tantos locais da cidade forman parte da festa de presentación do programa Cabos Soltos do Concello de Pontevedra. Esta iniciativa que xurdiu como unha resposta local ás restricións que causaba a nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, creando unha fórmula na que o propio Concello actuase como organizador dos eventos nos locais de hostalarÃa e ao mesmo tempo visibilizar a cultura de base, e a creación emerxente asà como fortalecer o tecido económico local a través tamén da hostaleira. Os dÃas 21 e 22 de marzo Cabos Soltos reunirá en Pontevedra unha representación de músicos, técnicos e profesionais que porán sobre a mesa as distintas cuestións e problemáticas que manexa actualmente a escena musical tanto desde as perspectivas legais como económicas e tamén a situación da paridade de xéneros no mundo musical. Esta parte do programa está pensado como un punto de encontro e debate sobre o panorama creativo e reunirá integrantes de formacións como Agoraphobia, Heredeiros da Crus ou Bala, xunto con representantes de salas, promotores de concertos e festivais, avogados especializados, xornalistas e outros axentes da industria musical. O programa de concertos, que comeza ese mesmo xoves coa actuación de Ängel Stanich, concéntrase o sábado 23 con máis de 30 concertos e locais da cidade entre as 13:30 horas e as 23:00 e de varios estilos musicais. Cabos Soltos é un programa gratuÃto e a inscrición para asistir aos encontros técnicos está aberta na web do Concello.