A Coruña acollerá entre o 12 e o 18 de xuño a II Semana da Música, unha iniciativa conxunta de ACCES (Asociación Estatal de Salas de Concertos) e Clubtura (Asociación Galega de Salas de Concertos) que volve a contar co apoio de entidades públicas como o Concello da Coruña, a Axencia galega de Industrias Culturais (AGADIC), o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entidades de xestión como a AIE e Fundación SGAE e as empresas Estrella Galicia ou Ticketea. Organizadores e colaboradores veñen de presentar esta mañá a segunda edición dunha convocatoria que ofrecerá aos profesionais do sector da música un entorno de debate e aprendizaxe, e á cidadanÃa unha ampla oferta cultural e de ocio. O programa base desta II Semana da Música, cuxos detalles completos se darán a coñecer nos próximos dÃas, pivotará sobre tres puntos fundamentais: a música en directo, opcións de ocio e cultura para todos os gustos baseados en outras disciplinas artÃsticas moi vinculadas á música e o punto de encontro e debate de profesionais do sector musical.
A II Semana da Música servirá de espazo de encontro, debate e traballo para os profesionais entre os que haberá programadores, produtores, promotores, managers e músicos, entre outros moitos. Durente estes encontros terá lugar a presentación dos datos cuantitativos do sector das salas de concertos europeas e nacionais coa publicación dos últimos datos recabados, e unha mesa redonda na que se debaterá sobre a importancia e o significado destes datos no sector. No referido á música en directo o evento ofrecerá cinco concertos, oana Serrat, Abe Rábade, Pablo Und Destruktion, Toundra e Nathan Fake actuarán nas diferentes salas da cidade que forman parte destas asocaicións. Ademais haberá unha exposición de fotógrafos locais, unha conferencia sobre o arte do videoclip e a presentación do libro La cara oculta de la luna: las 50 portadas esenciales del rock, de Xavier Valiño.