A Xunta de Galicia ven de comunicar que trasladou a empresarios do ocio nocturno un plan de reactivación do sector que incluirá axudas para o alugueiro, a celebración de concertos e o mantemento do emprego nestes locais. AsÃ, no Plan destinado a discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, a Xunta inclúe de novo ás salas de concertos a pesares de que nesta reunión, coma nas anteriores, non houbo representación da Asociación Galega de Salas de Música Clubtura. O presidente de Clubtura asegura que non foron convocados a esta reunión e que a súa recente solicitude de ser recibidos polos responsables das consellerÃas de Interior, Sanidade e Cultura non tivo resposta por parte do goberno autonómico. Segundo a Xunta, a ConsellerÃa de Emprego e Igualdade destinará fondos a manter o emprego no sector do ocio nocturno e a Vicepresidencia segunda, a través do Igape, aprobará unha liña especÃfica de créditos, que terá un importe máximo de 500.000 euros. Desde Clubtura seguen a reclamar para as salas de música un tratamento especÃfico que non as equipare ao resto do ocio nocturno polas súas caracterÃsticas de actividade cultural propias e agardarán a ver "sobre o papel" este plan do que tiveron noticia indirectamente para pronunciarse sobre a adecuación aos seus problemas.
Peche de El Contrabajo
Neste contexto de dificultade para a cultura do directo a sala viguesa El Contrabajo Club ven de anunciar o seu peche definitivo para finais deste mes. Cunha nota difundida a través das redes sociais Pablo Lorenzo comunicou a desaparición deste espazo para a música en directo na cidade olÃvica que o pasado ano recibÃa o premio Organistrum na gala dos Premios MartÃn Códax da Música de Galicia. Lorenzo asegura "cun enorme nó no corazón, con bastante tristeza e sentindo non poder facer máis de momento", que tras da gravación na sala dos catro concertos previstos estes mes do ciclo Directos Xacobeo 21 en Salas o club que dirixe pechara as súas portas para non volver abrir. "Están a ser tempos difÃciles para todo e especialmente para este sector, a cultura en xeral e a música en particular, -di Pablo Lorenzo- que está esquecido e totalmente abandonado por parte de institucións e entes públicos". Pablo Lorenzo asumiu a dirección en xuño de 2019, tras un breve peche do local de música en directo que levaba en funcionamento desde 2006 baixo a dirección previa de Rafael Chao. Desde a asociación Clubtura aseguran que hai outras salas na comunidade a punto de botar o peche no que pode ser unha cascada de desaparicións de espazos para a música en directo.