Xosé Lois Armada é nomeado novo director do INCIPIT

Substitúe a Felipe Criado na dirección deste centro do CSIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Xosé Lois Armada. Foto: CSIC

Xosé Lois Armada. Foto: CSIC

O Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (INCIPIT) ten novo director. Será Xosé Lois Armada Pita (Cariño, 1977), científico titular do centro desde 2021 e arqueólogo especializado en metalurxia antiga e as súas implicacións sociais, sobre todo "na prohohistoria atlántica e as súas interaccións co ámbito mediterráneo". Armada substitúe ao reputado arqueólogo Felipe Criado, director do centro desde a súa creación no ano 2010 e Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal na área de Humanidades en 2023. Armada afrontará un momento de especial relevancia para a investigación no centro. Segundo informan desde o CSIC, o INCIPIT "captou máis de 8 millóns de euros en proxectos de concorrencia competitiva e máis de 690.000 € en proxectos de investigación". En 2025 tamén subscribiu coa Royal Commission for Alula, unha entidade de desenvolvemento rexional de Arabia Saudita, por cinco millóns de euros.

Que che parece esta nova?
115 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con INCIPIT, CSIC, Felipe Criado, Mediterráneo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares