A Deputación de Pontevedra asina un gran acordo para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico da provincia

O convenio co CSIC achega 400.000 euros para investigación e unha liña aberta de proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Presentación do convenio. Foto: Deputación de Pontevedra

Presentación do convenio. Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou onte un convenio subscrito co CSIC e, en concreto, co seu Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) para a investigación, divulgación e posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico. O convenio ten unha contía de 400.650 euros e vixencia ata 2024. Os obxectivos do convenio son a "realización de novas intervencións en xacementos da provincia, estudar as coleccións existentes e novos materiais, impulsar actividades de divulgación e apoiar aos concellos na investigación, preservación e promoción do patrimonio arqueolóxico". O acordo chega tras un convenio piloto asinado en 2020 e que permitiu a realización dunha serie de accións de investigación e posta en valor da provincia. Silva estivo arroupada por diferentes investigadores do Incipit, que explicaron diferentes accións levadas a cabo. Un dos aspectos máis novidosos do convenio é a convocatoria dun programa aberto dirixido a concellos para levar a cabo "proxectos para intervencións arqueolóxicas non invasivas", como poden ser o uso de xeorradar ou os escaneados e dixitalizacións do terreo. Como explicaron os investigadores, trátase de conciliar os intereses de investigación coas demandas da sociedade por poñer en valor o seu patrimonio.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, CSIC, INCIPIT, Carmela Silva...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares