Amoeiro recuperará o sitio arqueolóxico de Alba de Búbal

Un convenio manterá accións na zona durante catro anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Amoeiro asinou un convenio coa Universidade de Vigo para abordar a investigación do castro de Formigueiro, que se considera que se atopa nun outeiro próximo á aldea do mesmo nome baixo un castelo, o de Alba de Búbal, de orixes altomedievais. O convenio permitirá manter actividades arqueolóxicas e de recuperación do patrimonio na zona durante catro anos.

[da nota de prensa da Universidade de Vigo]

"O seu propósito é o desenvolvemento de proxectos de investigación arqueolóxica (prospección, escavación, analítica e estudo de materiais, conservación-restauración, musealización, difusión e divulgación) na área arqueolóxica do castro de Formigueiro, na parroquia de Trasalba, e a súa contorna. Tamén se inclúe a organización e realización de actividades académicas relacionadas ou resultantes destes proxectos de investigación arqueolóxica, tales como participación de alumnado nas escavacións, apoio a investigadores en formación, presentación de comunicacións en congresos ou simposios científicos, organización de exposicións ou visitas guiadas e impartición de charlas ou conferencias divulgativas, entre outras. O convenio recolle asemade a realización de labores de coordinación e dirección científica centralizada de todos os traballos e proxectos de índole historico-arqueolóxico ou patrimonial que, sendo alleos á Universidade de Vigo, se estean a realizar ou poidan realizarse no futuro na área arqueolóxica de Formigueiro. Tamén se inclúe a elaboración, redacción e posta en funcionamento dun plan director para o conxunto histórico e patrimonial de Formigueiro. Por último, o acordo recolle a asesoría, colaboración e, no seu caso, realización directa doutras intervencións arqueolóxicas que poidan acontecer no termo municipal de Amoeiro que sexan de interese mutuo".

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Castelo, Exposicións, Arqueoloxía...