O investigador santiagués Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) en Santiago de Compostela, foi o elixido para recibir o Premio Nacional de Investigación 'Ramón Menéndez Pidal', na área de Humanidades que concede o Ministerio de Ciencia e Innovación. Segundo a argumentación comunicada desde o Ministerio, Criado Boado recibe o galardón "polas súas contribucións pioneiras e anovadoras á arqueoloxía, que contribuíron á nosa comprensión de como as sociedades humanas interactuaron e modificaron a paisaxe no transcurso da historia". Á hora de decidirse por Criado, para o comité destacan tamén os seus estudios recentes "que examinan como o mundo que construímos e habitamos modifica a nosa mente e a nosa forma de procesar a información", no proxecto europeo Material minds. Segundo o ministerio ás súas singulares liñas de investigación deron lugar a cambios paradigmáticos na arqueoloxía e a incorporación de novos conceptos e aplicacións.