Felipe Criado presidirá a Asociación Europea de Arqueólogos

O investigador galego dirixe a prestixiosa asociación durante os vindeiros tres anos

7/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Asociación Europea de Arqueólogos terá ao longo dos vindeiros tres anos un presidente galego. Felipe Criado, director do compostelán Instituto de Ciencias do Patrimonio, foi escolleito para o cargo desta prestixiosa entidade logo dun proceso electoral que comezaba o pasado mes de xuño. O encontro anual que a Asociación, considerada a segunda máis importante do mundo no campo da arqueoloxía, celebrou a pasada fin de semana en Glasgow serviu para anunciar o nomeamento. Segundo adiantou Criado, entre os desafíos para o seu mandado están "responder aos retos que a actual situación de crise en Europa formula tamén á arqueoloxía e ao patrimonio cultural, adaptar a organización da EAA ao rápido crecemento que está a experimentar, profesionalizar a súa xestión, e afondar nas relacións cos outros continentes”.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Felipe Criado, Arqueoloxía, Europa, Glasgow

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares