Noticias
A editorial privada Arte Tripharia e o IGAEM realizan sendos Corpus da música culta galega
Xénero:
| 1 / 10 / 2003Son dúas iniciativas de orixe ben diferente pero que traballan nun mesmo campo: a recompilación da música culta galega. Por unha banda está Arte Tripharia, unha editorial madrileña pero con raigame fondamente galega que leva traballando nesta dirección desde hai 20 anos. E pola outra banda está a colección Ars Gallaeciae Musicae, unha serie que desde 1992 chega da man do IGAEM e está coordinada por Xoám Trillo.
O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín consolídase como centro neurálxico na divulgación do noso legado sonoro
Xénero:
| 24 / 9 / 2003No centro xeográfico de Galicia, en Lalín, existe un lugar único no que se concentra a investigación, o ensino e a práctica da nosa tradición musical. Desde 1999, o Conservatorio de Música Tradicional e Folque aplica as técnicas do ensino regrado á transmisión do noso legado sonoro e busca, xa non só o mantemento da tradición, senón a evolución da música de raíz galega.
A Asociación de Amigos da Ópera volve asumir a dirección do Festival de Outono coruñés
Xénero:
| 11 / 9 / 2003Con cincuenta anos ás súas costas, o Festival de Ópera da Coruña inicia mañá a temporada musical do outono. Será a obra de Verdi, Rigoletto, a que se encargue de iniciar un festival que chega con dúas novidades con respecto á edición do ano pasado: a Asociación de Amigos da Ópera volve asumir a dirección dun evento que non contará coa Orquestra Sinfónica de Galicia.
Música en Compostela chega á súa edición número corenta e seis convertido nun referente internacional
Xénero:
| 21 / 8 / 2003Cento dez alumnos de once países diferentes. Todos eles cuns currículos musicais do melloriño andan desde o pasado once de agosto polas rúas de Compostela. Todos eles coa intención de aprender música española. E de amosarnos o que saben. Concertos do máis variado enchen diferentes espacios da cidade e mesmo se desprazan a outras localidades. É a XLVI edición do curso Música en Compostela.
Compostela acolle o seu primeiro festival de Jazz na Praza da Quintana
Xénero:
| 13 / 8 / 2003Rock, música clásica, folclore das máis diversas rexións do mundo, pop... A oferta musical que se pode atopar calquera verán en Compostela adoita ser variada. Sen embargo, sempre quedan ocos por encher, e é con esta vocación coa que nace este ano o I Festival de Jazz de Compostela, que fará resoar as pedras da Quíntana con novos sons.
O Festival de Pardiñas chega á súa vixésimo cuarta edición coma un referente para a música tradicional galega
Xénero:
| 5 / 8 / 2003Os días dous e tres de agosto do 2003 o Festival de Pardiñas cumpría vintecatro edicións. Sen conseguir nunca asistencias masivas e sen contar cuns carteis inzados de estrelas internacionais (que tamén as houbo), a Asociación Xermolos de Guitiriz conseguiu, non sen dificultades, crear un espacio para o encontro de músicos, afeccionados e artesáns de todo o país.
A editorial de música Arte Tripharia traballa desde hai 20 anos na elaboración dun Corpus de música culta galega
Xénero:
| 28 / 7 / 2003O termo “tripharia” refírese á división dos instrumentos de música. E non aos instrumentos pero si ás composicións dedícase “Arte Tripharia”, unha editorial de música antiga que fundou hai máis de vinte anos o tudense afincado en Madrid Rudesindo Soutelo. Entre todas as frontes en que ten traballado destaca a serie Corpus Musicum Gallaeciae, que é un traballo de recuperación da música culta galega.
A V edición do Festival de Música de Galicia mantén a tónica de anos anteriores en canto a xéneros e intérpretes
Xénero:
| 3 / 7 / 2003As batutas xa comezaron a moverse dentro do Festival Internacional de Música de Galicia. A quinta edición ten a Santiago como sede principal, albergando os mellores dos 22 espectáculos que hai programados e que tamén levarán a música ás principais cidades de Galicia. Esta noite terá lugar no auditorio de Galicia o primeiro punto forte da programación. O director Daniel Barenboim dirixirá á Staatskapelle de Berlín en favor dos afectados polo Prestige e amosando a súa traxectoria, que o fixo merecedor do premio Príncipe de Asturias.
A Coruña organiza o seu festival de primavera coa nova dirección do musicólogo Alberto Zedda
Xénero:
| 20 / 5 / 2003Mozart e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG). A OSG e Mozart. O Festival Mozart arrincou esta fin de semana recuperando a ópera do mallorquino Antonio Literes, “Jupiter e Semele”, coa que amosa que o certame xa non só se centra na figura do compositor salzsburgués, senón tamén na de compositores e músicos que dalgún xeito tiveron relación con el ou simplemente foron influídos pola súa música.
A etnomusicóloga canadense Judith Cohen investiga aspectos inéditos da tradición musical galega desde os anos setenta
Xénero:
| 14 / 4 / 2003As cantigas medievais galegoportuguesas. Pegadas hebraicas na nosa música popular. O papel das mulleres na música tradicional galega. A colección de discos sobre España recompilados por Alan Lomax. A construcción dunha identidade colectiva a partir da música. Todos estes temas, e uns cantos máis, teñen un factor común. Trátase de Judith Cohen, unha etnomusicóloga canadense que nos últimos trinta anos analizou aspectos moi pouco coñecidos da nosa tradición melódica.