Noticias
O coro Toxos e Froles presenta un novo disco nun mes cargado de actividade cultural
Xénero:
| 19 / 9 / 2006“Camiño do centenario” é o título do próximo disco do Coro Toxos e Froles. Un CD editado pola Deputación Provincial da Coruña(dentro do seu programa “Outra+outra”) e no que recolle pezas habituais do seu repertorio. A gravación do quinto traballo da súa traxectoria é unha máis de todas as actividades previstas para este mes e derivadas de inaugurar a súa nova sede na rúa Magdalena. A vindeira cita será o xoves, cun acto de homenaxe ao tecido asociativo da cidade que se inclúe dentro das súas xornadas culturais de outono.
Máis información en Diario de Ferrol e no web de Toxos e Froles
A Orquestra Sinfónica de Galicia celebra os seus quince anos centrándose na música galega
Xénero:
| 13 / 9 / 2006A décimo quinta temporada da Orquestra Sinfónica de Galicia chega cunha especial presenza da música do país. Ademais de obras de Gaos, Baudiot, Pereiro, Balboa ou Soutullo, a formación estreará "De terra galega" de J.J. Castro, unha obra coral que compartirá sesión con "Carmina Burana". Será un total de 58 obras de corenta autores, entre os que se encontran clásicos coma Mozart, Beethoven, Berlioz ou Strauss.
Máis información en Galicia Hoxe, en El Ideal Gallego e en en La Voz de Galicia
O Festival de Ópera da Coruña e o ciclo de Lied en Santiago reforzan os espectáculos musicais do país
Xénero:
| 12 / 9 / 2006Esta noite (20:30 horas) o Festival de Ópera de A Coruña acollerá a representación de “Norma”, un drama amoroso composto por Vincenzo Bellini e que narra a historia de Norma, sacerdotisa dos druídas que rompe os seus votos tras enamorarse do gobernador romano Polión quen, á súa vez, namórase doutra sacerdotisa, Adalgisa. Unha cita que esixe gran pericia vocal con gran axilidade e potencia da que xa non quedan entradas. O segundo prato forte dun festival que este ano aposta polos intérpretes do país no ciclo “As novas voces galegas”. Un programa que comeza o vindeiro día 15 no Museo de Belas Artes e que será o debut de Borja Quiza acompañado ao piano por Angelo Michel Errico. Por outra banda, o Concello de Santiago e a Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza veñen de presentar o programa do VII ciclo de Lied. Este é o primeiro que conta coa implicación do Xacobeo e abre este venres a soprano inglesa Joan Rodgers.
Máis información sobre o Festival de Ópera da Coruña no seu web e en La Voz de Galicia e sobre o ciclo de Lied Compostela Cultura
“In the ocean” de Pulpiño Viascón é a canción do verán
Xénero: VIDEO
| 11 / 9 / 2006 +Despois duns meses de dura pugna entre as 38 cancións presentadas no concurso “A polo ghit” organizado por Vieiros e a Radio Galega o xurado composto por Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomei decidiuse pola canción “In the ocean” de Pulpiño Viascón como gañadora e canción galega do verán 2006. O tema ten o retrouso en inglés pero o resto da letra está en galego como se pedía nas bases, e levará o premio da gravación do video clip que emitirá a TVG. Nas votacións do xurado as seguintes con máis votos foron Kalindra Xida, da Banda Potemkin; A ruta do colesterol, da Banda da señorita e Tomasa; Sandra Dee, de The Homens e A das festas, de Guezos. Esta última foi a gañadora da votación popular a través de Internet.
Máis información en Vieiros
A Real Filharmonía ofrecerá unha versión de “Negra sombra” en cinco concertos en Brasil e Arxentina
Xénero:
| 8 / 9 / 2006Será unha xira curta porque só ofrecerán cinco concertos, pero é a primeira que fai a Real Filharmonía de Galicia por América. Comezará na cidade brasileira de São Paulo, seguirá en Rosario e rematará en Bos Aires (Arxentina) e ofrecerá varios programas nos que xunto coas pezas de Falla ou Beethoven interpretarán a “Negra sombra” arranxada para cordas por Maximino Zumalave e Ánxel Brage.
Máis información en La Voz de Galicia e sobre a Filharmonía na nosa hemeroteca
O músico coruñés Dj. Ino retoma as xornadas de arte e música electrónica da Fundación Seoane
Xénero:
| 6 / 9 / 2006“Lets Dance” é o nome da xornada de música electrónica que o músico coruñés Dj. Ino presentará mañá na Coruña. Con el retómanse as “Block Party”, ou o que é o mesmo, as xornadas de arte e música electrónica que dirixe o artista Juan Martínez de la Colina e que é unha pequena parte do programa chamado Seoane Sessións.
Máis información no web da Fundación Seoane e Galicia Hoxe
A coñecida cantiga "A rianxeira" contará cun museo propio na localidade que lle dá nome
Xénero:
| 4 / 9 / 2006O Concello de Rianxo quere homenaxear a composición musical que máis publicidade lle fai. A cantiga "A rianxeira" contará en breve cun museo dedicado exclusivamente a ela. A corporación local realizaba onte este anuncio, cando van facerse sesenta anos da composición da peza por Xesús Frieiro Dourado e mais Anxo Romero Lojo. A intención é que no museo se amose a partitura orixinal da obra, canda a unhas cincuenta versións da canción e mais diferentes documentos.
Máis información en La Voz de Galicia
Rosa Aneiros, Daniel Bellón e Xerardo Neira reciben estes días varios premios
Xénero:
| 1 / 9 / 2006Setembro chega con moitos premios. Comezamos en Ferrol, onde o mozo Daniel Bellón fíxose coa déximosexta edición do premio de solistas de gaitas Constantino Bellón. Un premio dotado con 1.800 euros e que o gaiteiro gaña por terceira vez consecutiva. De Ferrol imos ao Valadouro, onde o concello fallou onte o certame de novela. O gañador, que recollerá o premio dotado con 1.000 euros o vindeiro día 7, foi o biólogo Xerardo Neira pola súa obra “Da Terra de Deus”. En Palas de Rei entrégase mañá o premio literario Monte Careón que recaeu na escritora Rosa Aneiros.
Máis información sobre o Daniel Vellón en La Voz de Galicia e o de Xerardo Neira en Galicia Hoxe
Musicoloxía e jazz son as novas especialidades que se poden estudar nos conservatorios superiores de Galicia
Xénero:
| 28 / 8 / 2006A piques de iniciarse o novo curso escolar, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia as novas especialidades musicais que se poderán estudar este ano. O Conservatorio Superior de Vigo impartira a especialidade de musicoloxía, mentres que o da Coruña ofrecerá a de jazz. A disciplina viguesa non existía en Galicia, aínda que tamén se pode impartir nas universidades dentro das seccións de Historia da Arte, mentres que o conservatorio da Coruña impartía desde hai anos a materia de jazz, aínda que agora será unha especialidade que poderán cursar un máximo de 31 alumnos.
Mais información en La Opinión e no Faro de Vigo
O folk volve ser o xénero máis programado en Galicia despois do baixón do 2004
Xénero:
| 28 / 8 / 2006Os datos do último anuario da SGAE, que analiza a actividade cultural do 2005, recolle a recuperación do folk no noso país. Segundo estes datos, música tradicional recupérase do baixón acontecido no 2004 (cuxos datos se recolleron no anterior anuario) e encabeza cun 19’2% a porcentaxe da música que programa no país. Séguelle o jazz cun 12.7% e, de lonxe, o pop-rock (31.5%) que é o xénero estrela no resto do Estado. Ademais, o anuario da SGAE revela outro dato máis, que o macroconcerto folk por excelencia, o Festival de Ortigueira, é o evento con maior afluencia en todo o Estado.
Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e no web da SGAE