Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O IGAEM anuncia a creación dun circuíto para músicos novos en colaboración con 35 salas privadas
O IGAEM anuncia a creación dun circuíto para músicos novos en colaboración con 35 salas privadas
outubro 30, 2006
A idea é estabilizar a oferta de música en vivo, que se concentra actualmente nos meses verán. Con este fin, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais acaba de anunciar a posta en marcha dun circuíto de concertos para bandas novas. Nesta iniciativa o organismo público colaborará con 35 salas privadas de todo o país, coas que se compartirán custos de contratación. Está previsto que uns setenta grupos dedicados a diferentes xéneros participen no programa. Ao tempo, a Dirección Xeral de Xuventude vai pór en marcha trinta locais de ensaio para grupos por todo o país.
Máis información na edición de hoxe de
La Región e no web da Dirección Xeral