Noticias
Os compositores galegos entran no Macuf nun ciclo
Xénero:
| 27 / 1 / 2006A prensa destacaba onte que o Museo de Arte Contemporánea non acudía este ano a ARCO, a feira de galerías, para volcarse en dar a coñecer o museo. Hoxe presenta unha desas actividades que marcan o seu cambio de tendencia. Trátase dun ciclo que pretende recuperar e difundir a obra de compositores galegos. A iniciativa ten este ano un nome propio, o do compositor e director Ángel Barja (Santa Cruz de Terroso, Vilardevós, Ourense, 1938) a quen se lle renderá homenaxe e se lle dedicará un concerto que ten lugar mañá. Colaboran co Macuf neste proxecto a Asociación Galega de Compositores e a delegación provincial de Cultura.
Máis información en La Voz de Galicia e no web do museo
Ourense e A Coruña únense aos festexos de celebración do 250 aniversario do nacemento de Mozart
Xénero:
| 27 / 1 / 2006Hoxe cúmprense 250 anos do nacemento de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha efeméride que se celebra durante todo o ano na súa Austria natal (Viena e Salzburgo repártense o protagonismo) e da que Galicia tamén é partícipe. Coincidindo coa data que se festexa, o Teatro Principal de Ourense acolle unha representación do “Don Giovanni” a cargo do Teatro Nacional de Marionetas de Praga. Máis destacada é a participación da Coruña que ten un festival que leva o nome do compositor austríaco. Malia que non representará ningunha das súa obras, senón obras inspiradas no célebre autor, contará coa participación de figuras destacada do panorama musical como Calixto Bieito, Alberto Zedda ou Grigory Sokolov.
Máis información sobre as celebracións do centenario nesta web e sobre o Festival Mozart da Coruña no seu web e na nosa hemeroteca
A Sinfónica de Melide inicia unha xira que ofrecerá extractos das óperas máis coñecidas
Xénero:
| 20 / 1 / 2006“A forza do destino” de Verdi, “O barbeiro de Sevilla” de Rossini, a “Traviatta” de Verdi e “Carmen” de Bizet son as algunhas das óperas máis coñecidas. Todas elas forman parte do repertorio que a Sinfónica de Melide interpretará na xira que comeza o 21 de xaneiro no Auditorio de Santiago. Co patrocinio da Deputación da Coruña o “Gran Concerto de fragmentos de ópera” estará no Teatro Jofre de Ferrol (o día 22), no Pazo da Ópera da Coruña (o día 28) e na igrexa de San Francisco de Betanzos (29).
Máis información en Galicia Hoxe
O duodécimo traballo discográfico de A Roda engade as composicións intrumentais ao seu repertorio
Xénero: VINCULO
| 17 / 1 / 2006 +A piques de cumprir trinta anos dentro do panorama da música popular, A Roda presenta o último proxecto da formación e que suporá o seu duodécimo traballo discográfico. Baixo o título “A roda alalá adorA”, xúntanse doce temas que van desde a música folk-instrumental, ata a máis característica canción tradicional, sen esquecernos da canción autógrafa (espazo no que destacan os temas compostos ad hoc dos diversos lugares da nosa xeografía), e do folclore luso. Baixo o seu título palindrómico o disco encerra unha filosofía especular que mantén nos seus textos entre os que hai un poema do escritor Gonzalo Navaza. Coa incorporación no repertorio do grupo de temas instrumentais A Roda fai deste traballo un punto de inflexión na súa longa traxectoria.
O disco “Cantos na maré” reúne a sete artistas e un grupo coa lusofonía como denominador común
Xénero:
| 5 / 1 / 2006O proxecto “Cantos na maré” xurdiu dun concerto celebrado en agosto de 2003 na pontevedresa Praza da Ferrería e que reuniu en dezaseis temas as voces de diferentes artistas da música en galego e portugués. Xunto aos galegos Xabier Díaz e Uxía, aparecen neste digipack que recolle aquel concerto, o brasileiro Chico César; a portuguesa Filipa Pais; Manecas Costa, de Guinne-Bissau; a mozambicana Astra Harris; o caboverdiano Jon Luz; e o grupo de caboverdianas afincadas en Burela, Batuko Tantaka. O disco está editado baixo o selo Cartafol Editores e conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Fundación Caixa Galicia, así como da empresa Nordesía nas labores de produción. Os beneficios xerados por esta edición irán destinados ao Instituto Cultural Casa de Beradêro, Catolé do Rocha, Estado da Paraiba, Brasil, para o desenvolvemento humano e estímulo cultural dos pequenos e pequenas desfavorecidos. A institución está promovida por Chico César, que exerceu de director musical no espectáculo que recolle o disco.
Máis información en Vieiros
A revista Rolling Stone elixe o disco de Deluxe como o mellor da produción nacional do 2005
Xénero: VINCULO + VIDEO + IMAXES
| 5 / 1 / 2006 +O coruñés Xoel López co seu traballo como Deluxe, “Los jóvenes mueren antes de tiempo”, convenceu aos críticos musicais da edición española da revista Rolling Stone, que o elixiron como mellor disco nacional do ano 2005. Este disco encabeza unha selección na que tamén ocupa un lugar destacado, concretamente no cuarto posto, o vigués Iván Ferreiro co disco “Canciones para el tiempo y la distancia”. O disco de Deluxe é o primeiro deste artista con letras en castelán despois de que os anteriores traballos os fixera en inglés.
Máis información en Rolling Stone
As tradicións dos cantares de reis e das rondallas mantéñense e recupéranse como un xeito de celebrar as festas con música
Xénero:
| 4 / 1 / 2006Grupos de mozos a cantar polas portas agardando recibir unha lambetada, comida ou algún outro agasallo. Actualmente esta escena lémbranos, máis do que a calquera outra cousa á celebración do Halloween anglosaxón. Porén, era esta unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal, Aninovo e Reis hai non moitos anos. A pesar do risco de extinción no que se encontra este costume existen iniciativas para o seu mantemento e recuperación, por exemplo na forma de xugadas ou na de rondallas.
Fene acolle a quinta edición do Felipop, o primeiro festival de música independente de 2006
Xénero:
| 3 / 1 / 2006Desde xoves e ata sábado, os amantes da escena independente teñen a primeira cita do ano. Fene acolle por quinta ocasión o Felipop de inverno, un festival en datas atípicas que organiza a asociación Felicia e que desta volta achegará a esta zona o cantautor inglés Colin Hare, Bang 74, Los Huéspedes Felices e mais Andi Morten. As actuacións repartiranse entre locais de Fene e de Ferrol.
Máis información en La Voz de Galicia; eno web do festival
O primeiro disco de Xoel López en español elixido entre os mellores pola revista Rolling Stone
Xénero:
| 30 / 12 / 2005Hai uns días anunciabamos que Mercedes Peón, Luz Casal, Iván Ferreiro e Los Suaves eran os galegos que figuraban na escolma anual que a Fundación Autor, dependente da SGAE, fai da música editada no 2005. A esa listaxe hai que engadirlle a que publica a revista Rolling Stone que situaba o primeiro disco en español de Xoel López, “Os novos morren antes de tempo”, entre os mellores do ano. Ademais, a revista no “top ten” ao vigués Iván Ferreiro coas súas “Cancións para o amor e a distancia”.
Máis información en La Voz de Galicia e na nosa nova sobre a Fundación Autor
As discográficas ultiman os lanzamentos para a campaña de Nadal
Xénero:
| 13 / 12 / 2005Estamos en plena campaña de Nadal e se non sabes que regalar, aquí che presentamos unha escolma das novidades que as discográficas galegas preparan para esta temporada. Desde as zarzuelas da Coral Casablanca ata o metal de Talesien, pasando por pop e folck. Música para todos os gustos.