Ir ao contido directamente.


Noticias

Baldo Martínez: “Este é o asentamento definitivo de Imaxina Sons”

Xénero: Jazz/Blues | 26 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

Cun eco crecente, Imaxina Sons o Festival de Jazz de Vigo inicia hoxe a súa cuarta edición ampliando actividades. Un ciclo de cine, pasarrúas, actividades formativas e, sobre todo, unha trintena de concertos que amosan unha cita consolidada no jazz galego. Centrándose, coma sempre no panorama europeo e galego, e prestando unha especial atención ás apostas máis anovadoras, o festival revélase coma unha cita imprescindible. O seu director artístico, Baldo Martínez, explícanos a evolución do evento e fala da boa situación que vive o jazz no noso país.

A música protagoniza o seu día con numerosos concertos de música pop e tradicional

Xénero: Pop | 20 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

Este sábado 21 é o día internacional da música, co que a axenda para esta fin de semana está anegada de concertos. Pero baixo esta etiqueta destacan principalmente tres citas: o concerto no Multiusos do Sar cun programa especialmente galego (Som do galpom, Fanny e Alexandrer, Iván Ferreiro e Deluxe), a xornada no Museo do Pobo na que Mini e Mero farán un percorrido pola música tradicional e máis o encontro que Xoel López (Deluxe) manterá co público ás 13:00 horas do sábado, acompañado do humorista Joaquín Reyes na sede da SGAE.

Xosé Antonio Ferreiro: “Tentamos que as voces das pandeireteiras fagan algo máis que cantar ao unísono”

Xénero: Folk | 19 / 6 / 2008

mega_12441.jpg

Charanga, acordeón, pandeiretas. Pradairo debuta no mercado con Aliaxe, un primeiro disco no que esta formación aposta por unha fusión festeira na que as voces femininas e as pandeiretas teñen un papel destacado. Ao longo deste verán, a obra irase presentando por diferentes festivais e concertos. Xosé Antonio Ferreiro, que se encarga da gaita, a voz e o bombo, explícanos brevemente en que consiste esta proposta.

Ecléctica Ensemble presenta o seu primeiro disco no CGAC

Xénero: Electrónica | 19 / 6 / 2008

not_12437.jpg

A terraza do Centro Galego de Arte Contemporánea, en Compostela, acolle este sábado a festa de presentación do primeiro disco de Ecléctica Ensemble. Performances, proxeccións, literatura e música en directo combinaranse na posta de longo desta primeira gravación da formación de Ugia Pedreira, Ramom Pinheiro, Richard Rivera e Davide Salvado. O disco estará dispoñible para a libre descarga no web do grupo.

Moving Hearts, The Dubliners, Värttinä, Sondeseu, Uxía ou Fía na roca fan parte do programa do Festival de Ortigueira

Xénero: Folk | 18 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

A XXX Edición do Festival de Ortigueira ten xa nomes. Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica pola banda galega, Moving Hearts, The Dubliners, Boys of the lough, Värttinä ou Odaiko fan parte dun programa de 25 concertos que esta mesma mañá presentaban o alcalde desta localidade, Rafael Girón canda ao Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Os 700.000 euros de orzamento do festival investiranse tamén na recuperación do escenario Runas para grupos noveis e en diferentes actividades de dinamización coma obradoiros, exposicións ou pasarrúas. Esta é a primeira vez que a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo participa no evento.

Cultura promove a galeguización dos repertorios das bandas de música

Xénero: Clásica/Lírica | 17 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

Os concertos de bandas de música, tan populares nas celebracións galegas, poderán ter repertorio do país. Isto é o que pretende a Consellaría de Cultura e a Federación Galega de Bandas coa convocatoria do primeiro concurso de composición para banda de música e para banda con sección sinfónica. Relacionado con isto, en novembro celebrarase o II Certame Galego de Bandas. As axudas que a consellaría achegará este ano ao sector para apoiar estas formacións asceden a 270.000 euros e afectará a máis de 5.500 músicos.

O grupo Few Days Later gaña o certame 100 Pipers

Xénero: Rock | 16 / 6 / 2008

not_12411.jpg

A final foi o pasado xoves na sala Capitol de Compostela. O grupo lugués Few Days Later impúxose e levou o premio no primeiro certame 100 Piper Music de maquetas. Canda a eles, competiron nesta última fase Franc3s, Baldosa amarilla e Gurumamut. Os gañadores gravarán un disco coa firma Falcatruada.

A evolución sonora distingue o segundo álbum de Xochilmica

Xénero: Folk | 12 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

A grande estrea será no festival de Ortigueira, e a partir de aí promete ser recorrente nos concertos do verán Carta Branca,o segundo traballo de Xochilmica, chega ás tendas amosando, segundo os propios membros do grupo explican, unha grande evolución sonora. Folk fundamentalmente instrumental e de autor nesta nova aposta artística. Sopas, membro do grupo, explícanos este traballo.

Unha axencia británica organiza un festival privado para 250 melómanos en Compostela

Xénero: Clásica/Lírica | 12 / 6 / 2008

imaxe non dispoñible

Entre o 12 e o 17 de xuño, Compostela acollerá un particular festival de música. Nove concertos en igrexas coma San Martiño Pinario ou a Colexiata do sar achegarán obras de autores coma Haydn, Vivaldi ou Xoán Montes. Pero o acceso a estes eventos estará restrinxido a 250 afeccionados á música que contrataron esta actividade coma parte do programa que organizou a axencia turística británica Martin Randall Travel, especializada en tours culturais.

Marcos Teira presenta Alí, o seu novo disco en solitario

Xénero: Folk | 5 / 6 / 2008

not_12329.jpg

O mercado de Salgueiriños resoa esta mañá con ar flamenco. O guitarrista Marcos Teira escolleu este espazo compostelán para presentar Alí, o seu novo disco en solitario. Teira fai con esta obra unha homenaxe ao falecido músico Alí Farka Toure, e conta coa colaboración de artistas galegos, granadinos e alxerianos. Un concerto no Teatro Principal de Santiago será, ás nove e media desta noite, a estrea oficial destes sons.

<< Inicio / Anterior . 2981 a 2990 de 3538 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR